Xa está aberta a primeira convocatoria de axudas FEMPA no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.


Dende o día 27 de setembro e ata o 26 de outubro, xa se poden solicitar as axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo no GALP Golfo Ártabro Sur.


Unha vez máis, Galicia é a primeira comunidade autónoma que ten xa seleccionados os grupos, aprobadas as estratexias e lanza as aportacións para a presentación de proxectos ao amparo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e Acuicultura para o período 2021-2027.

O GALP Golfo Ártabro Sur, está entre os oito GALP elixidos para este período. Entre todos os GALP engloban a máis de 400 organizacións locais, cerca de un cento delas pertencentes ao sector pesqueiro e que representan a máis de 13.000 profesionais do mar.

Deste modo, os potenciais beneficiarios destas axudas (pequenas e medianas empresas e persoas autónomas, así como persoas xurídicas sen ánimo de lucro como as confrarías de pescadores ou outras entidades do sector) poden presentar proxectos ao amparo dos GALP.

Estas axudas permiten aumentar o valor, crear emprego, valorar o fomento da participación das mulleres, atraer xente nova e promocionar a innovación en tódalas fases da cadea de subministro dos produtos de pesca e acuicultura. Ademais, entre os obxectivos das iniciativas tamén está o fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas, o aproveitamento do patrimonio medioambiental (incluídas as operacións de mitigación do cambio climático), o fomento do benestar social e o patrimonio cultural ou o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e a gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais.

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estase a traballar no asesoramento dos potenciais beneficiarios, así como na difusión e posta en marcha deste novo período FEMPA. Nos vindeiros días realizaranse xornadas de asesoramento e información sobre a posibilidade de petición de axudas así como os trámites precisos para a súa solicitude. 




 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024