O GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente na Xornada do Proxecto PLATICAS do Porto de Vigo

 


Un ano máis, o GALP Golfo Ártabro Sur deuse cita na “Jornada de Transferencia del Proyecto PLATICAS”

Nesta xornada celebrada o día 15 de setembro, presentáronse os principais resultados obtidos e iniciativas adicionais de colaboración e debatéronse as cuestións máis relevantes que afectan á pesca, a acuicultura mariña e o marisqueo, identificando accións que axudan a abordas os principais retos e oportunidades.

O proxecto PLATICAS está financiado pola Secretaría Xeral de Pesca a través da convocatoria de axudas a proxectos en materia de Crecemento Azul no sector pesqueiro e da acuicultura e participan nela sete Espazos de Coñecemento da fachada atlántica española: IH Cantabria (coordinadores do proxecto), Universidade de Oviedo, Universidade de Cádiz, Universidade Las Palmas, AZTI, PLOCAN, e por parte de Galicia, o Porto de Vigo e CETMAR.

O obxectivo de PLATICAS e optimizar a xestión sustentable da actividade pesqueira, acuícola e marisqueira, fomentando a colaboración intersectorial e interinstitucional para a busca de solucións conxuntan a problemas comúns para estes sectores. Para facilitar colaboracións de forma aberta e continua, PLATICAS desenvolveu unha plataforma interterritorial de apoio á integración, xestión, comunicación e transferencia do coñecemento sobre crecemento azul en rexións da fachada atlántica.

Comentarios

Entradas populares de este blog

“Había xente que estaba na lonxa dende a 1 da mañá con frío e choiva. Pasabamos a vida no peirao, porque como ninguén quería marchar sen peixe, cada vez madrugabamos máis.”

O GALP Golfo Ártabro Sur presenta o informe socio-cultural do sector do mar

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio