O GALP Golfo Ártabro Sur participou nas xornadas formativas da Consellería do Mar para poñer en marcha o programa FEMPA
Na última quincena de setembro o GALP Golfo Ártabro Sur participou en diversas xornadas de formación para ultimar os detalles do inicio da convocatoria FEMPA
Este mes de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur estivo a
recibir a formación necesaria para a implantación da nova convocatoria de
axudas FEMPA, para isto estívose a traballar en conxunto con Desenvolvemento
Pesqueiro da Consellería do Mar. Nestas xornadas formativas presentouse a nova
orde para as bases de axudas, a nova tipoloxía de memoria e as novas
aplicacións informáticas para a xestión e seguimento do programa, entre outros
moitos temas.
Dende GALP Golfo Ártabro Sur, vense moi enriquecedoras
estas xornadas, pois a posta en conxunto entre os oito grupos e a Consellería
do Mar dos temas relacionados coas axudas proporcionan unha visión máis global,
que permite achegar ao territorio novas formas de actuación, que propicien
novas iniciativas.
Ao longo do programa FEMPA, seguiremos traballando en
conxunto de forma coordinada e enriquecedora.
Comentarios
Publicar un comentario