Aberta a nova convocatoria de axudas 2024
Dende o día 1 de febreiro xa se poden solicitar axudas ao mundo do mar mediante os fondos FEMPA.
Hoxe foron publicadas no DOGA a nova convocatoria de axudas FEMPA para esta anualidade 2024, que se poderá solicitar en sede electrónica mediante o procedemento PE155A.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240131/AnuncioG0427-291223-0001_es.html
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, estase a comunicar a
tódolos posibles promotores cos que se mantivo reunión, que xa está aberto o
prazo para a presentación das axudas, e lembrar que é moi importante poñerse en
contacto co grupo antes da presentación dos proxectos. Isto permite comprobar
que toda a documentación está correctamente cumprimentada, e así evitar a inadmisión de axudas por problemas de forma na documentación.
Nas redes sociais e no blog do grupo, atoparase máis
información das axudas e o procedemento de solicitude.
Dende o GALP estase a ver esta convocatoria con grandes
expectativas, pois espérase acadar o millón de euros en proxectos que permitan
crear oportunidades no territorio.
Comentarios
Publicar un comentario