O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións un curso das OPPs do Cantábrico


O “Curso de observación electrónica y obligación de desembarque” foi levado a cabo nas instalacións do GALP Golfo Ártabro Sur 

O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu nas súas instalacións o curso de OPPs del Cantábrico “Observación electrónica y obligación de desembarque”. Esta actividade tivo como anfitriona a ACERGA OPP82 que é unha entidade socia do GALP.

Este tipo de cursos instrúen aos pescadores do Golfo Ártabro en procesos de pesca máis selectivos e coidadosos co medioambiente, unha das liñas principais da Estratexia do GALP Golfo Ártabro Sur.

Nesta xornada abordáronse as seguintes temáticas:

-      Sistemas de monitorización electrónica. Descripción dos equipos e instalación a bordo.

-      Traballo e adaptación en distintas flotas. Proxectos desenrolados e adaptación a novos programas.

-      Presente e futuro. Novos reglamentos. Adaptación das flotas aos novos requisitos.

-      Obriga de desembarque. Ferramentas para o seu cumprimento.

-      Análise das imaxes. Persoal e protocolos que se seguen no tratamento dos datos. Posibilidades para o sector.

Ao longo do programa FEMPA, seguiremos traballando en conxunto de forma coordinada e enriquecedora para lograr un territorio máis próspero, que xere oportunidades e permita poder seguir crecendo, pero sempre dende o coidado medioambiental.

OPPs CANTÁBRICO

A Asociación de Organización de Productores de Pesca del Cantábrico (OPPs CANTÁBRICO) es la primera AOP de España, co fin de garantir o exercicio racional da pesca mediante a explotación sostible dos recursos acuáticos vivos, no contexto dun desenvolvemento sostible que teña en conta os aspectos medioambientais, económicos e sociais de maneira equilibrada así como a mellora das condicións de venda da súa produción.

Actualmente conforman esta entidade: ACERGA OPP-82 (Asociación de Armadores de Cerco de Galicia), OPEGUI (Organización de Productores de Pesca de Bajura de Gipuzkoa), OPESCAYA OPPO6 (Organización de Productores de Pesca de Bajura de Vizcaya) e OPACAN OPP62 (Organización de Productores Artesanales de Cantabria).

Os obxectivos de OPPs CANTABRICO son os seguintes: Realización de accións que contribúan de forma sostible a mellorar a xestión e/ou conservación dos recursos pesqueiros, promover métodos ou artes de pesca selectivos que reduzan as capturas, adopción de medidas de carácter voluntario par a redución do esforzo pesqueiro con fins de conservación dos recursos da pesca costeira artesanal, mellora da xestión e control de acceso a determinadas zonas de pesca dentro do seu ámbito territorial por parte da frota costeira artesanal, accións que contribúan á transparencia dos mercados dos produtos da pesca incluíndo a súa trazabilidade e instrumentos estatísticos, xestión do esforzo pesqueiro, xestión e control das condición de acceso a determinadas zonas de pesca e mellora dos coñecementos e da transparencia na produción e nos mercados.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024