Traballando para conseguir novos proxectos
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estase a traballar para conseguir novos proxectos na próxima convocatoria 2024.
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur estamos a traballar na difusión da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para dar a coñecer as oportunidades que os fondos FEMPA poden traer ao noso territorio.
Moitos promotores son os que pasaron estes días pola
oficina do grupo solicitando información sobre as axudas e asesoramento para o
desenvolvemento das súas ideas.
Dende o grupo estamos á espera da nova apertura de
convocatoria para este ano 2024, que se espera para o día 1 de febreiro, e
sobre todo, satisfeitos do traballo ben feito nas pasadas anualidades en
relación á dar a coñecer o GALP, pois cada vez son máis persoas que acoden
solicitando as axudas.
Na primeira convocatoria do período FEMPA, foi un grande
éxito no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur superando o importe de medio
millón de euros en solicitude de axudas, pero espérase que nesta segunda
convocatoria poidamos chegar ao límite do crédito.
Comentarios
Publicar un comentario