Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Proxectos GALP Golfo Artabro Sur

ABANCA e o GALP Golfo Ártabro Sur renovan a súa colaboración con financiamento a medida para os seus proxectos

Imagen
  O banco ofrece un catálogo de produtos e servizos adaptados ás necesidades do colectivo O convenio inclúe unha proposta de valor con alternativas de crédito e atención especializada a través da unidade ABANCA Mar ABANCA e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur veñen de renovar un acordo de colaboración financeiro con diferentes alternativas de crédito, servizos adaptados ás súas necesidades e atención especializada. A través deste convenio, a entidade financeira e o grupo de acción local impulsan a consecución dos obxectivos da estratexia Europa 2020 de promover a inclusión social e a redución da pobreza, a creación de emprego e o fomento da innovación a nivel local, así como contribuir á cohesión do territorio. O acordo foi rubricado hoxe en Sada (A Coruña), pola directora de zona de ABANCA en Betanzos/Eume, Begoña Caamaño, e o presidente do GALP Golfo Ártabro Su...

Innovación e tradición, a modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña gracias ás axudas do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña é un exemplo de innovación que respecta a tradición, impulsada grazas ao apoio do GALP Golfo Ártabro Sur. Este proxecto, que conta agora cunha máquina expendedora de peixe e marisco fresco envasado ao baleiro, representa un cambio significativo para a comercialización de produtos pesqueiros en Galicia. A novidade deste sistema permite aos consumidores adquirir produtos locais de maneira rápida e cómoda, mentres se preserva a calidade e frescura das capturas. Para garantir un espazo moderno e funcional, tamén se fixeron melloras nas instalacións, como a instalación de chans antideslizantes e mostradores de aceiro con sistema de desxeo, pensados para mellorar a seguridade e a presentación dos produtos. Ademais, a pescadería incorporou maquinaria avanzada, incluíndo unha peladora mecanizada que facilita a preparación de peixe para adaptarse ás demandas actuais dos consumidores. A Pescadería Sonia apostou tamén pola transparenc...

Encontro coa Consellería do Mar e os GALP galegos para avanzar no futuro do sector pesqueiro

Imagen
O pasado 5 de setembro, mantivemos reunión cos representantes dos GALP galegos e a Consellería do Mar. O encontro estivo presidido polo conselleiro Alfonso Villares, acompañado da secretaria xeral técnica da Consellería, Marta Barreiro, e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde. Durante a xuntanza, presentaronse os proxectos actuais e futuros dos GALPS, subliñando a importancia de continuar apoiando iniciativas innovadoras no ámbito da pesca e o marisqueo. O sector pesqueiro é fundamental para Galicia, non só como fonte de emprego e riqueza, senón tamén como garante dun modelo sostible que protexe os recursos mariños. Ademais de expoñer os avances realizados no marco do programa de desenvolvemento local no ámbito pesqueiro, tratáronse temas clave relacionados coas estratexias para mellorar a competitividade do sector e as súas infraestruturas. O conselleiro destacou a importancia de que todas as iniciativas se adapten ás necesidades actuais do sector, garantin...

Os participantes en Relevo 2020 coñecen a experiencia emprendedora de After Surf en Oleiros

Imagen
Ademais da sesións teóricas, os participantes no programa de formación Relevo2020  e futuros emprendedores no sector do mar e da pesca asisten a sesións prácticas nas instalacións de empresas do territorio para coñecer de primeira man a súa experiencia emprendedora. Este mércores 28 de abril, quinta sesión desde o inicio do programa o 31 de marzo, os alumnos achegáronse ás instalacións de After Surf, en Oleiros. Este é un complexo turístico e deportivo situado a carón da praia de Bastiagueiro que recibiu axudas do GALP Golfo Ártabro Sur para rehabilitar un edificio emblemático en desuso e convertelo en pensión, restaurante e escola de surf. O negocio conecta hostelería cun deporte vinculado ao mar, e tan de moda, como é o surf, que os usuarios practican nesta zona e en Arteixo.   Da man dos fundadores e propietarios de After Sur, os alumnos poideron coñecer como xestaron a súa idea empresarial, os trámites administrativos que realizaron ou como os orientaron no GALP Golfo Árta...