ABANCA e o GALP Golfo Ártabro Sur renovan a súa colaboración con financiamento a medida para os seus proxectos

 



  • O banco ofrece un catálogo de produtos e servizos adaptados ás necesidades do colectivo
  • O convenio inclúe unha proposta de valor con alternativas de crédito e atención especializada a través da unidade ABANCA Mar

ABANCA e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur veñen de renovar un acordo de colaboración financeiro con diferentes alternativas de crédito, servizos adaptados ás súas necesidades e atención especializada. A través deste convenio, a entidade financeira e o grupo de acción local impulsan a consecución dos obxectivos da estratexia Europa 2020 de promover a inclusión social e a redución da pobreza, a creación de emprego e o fomento da innovación a nivel local, así como contribuir á cohesión do territorio.

O acordo foi rubricado hoxe en Sada (A Coruña), pola directora de zona de ABANCA en Betanzos/Eume, Begoña Caamaño, e o presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto Castro. Á firma tamén asistiron o coordinador de ABANCA Mar, Miguel Ríos; a directora da oficina de ABANCA en Sada, Eva María López, e Noelia Feijóo, xestora de negocios nesta mesma oficina. Os e as representantes aproveitaron o encontro para poñer sobre a mesa a situación actual do sector e os retos aos que se enfronta e acordaron manter unha comunicación fluida para abordar posibles aspectos do futuro.

O texto reforza a aposta de ABANCA co sector pesqueiro e fai especial fincapé no crédito, xa que os profesionais do mar que forman parte do GALP e os proxectos presentados a este organismo contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA para poñer en marcha novos proxectos e promover a mellora competitiva dos actuais. Así, o convenio recolle algunhas opcións como as pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, confirming, avais ou liñas de desconto.

A sostibilidade sitúase tamén no foco principal da alianza, xa que o texto recolle produtos como a hipoteca naval, para contribuir ao proceso de renovación da frota

coa substitución das embarcacións con máis anos por outras máis eficientes e que produzan unha menor pegada no medio ambiente.

Outros dos aspectos relevantes do acordo son os seguros personalizados para o colectivo e a atención especializada que se facilitará desde as oficinas de ABANCA coas diferentes opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que a entidade mantén con distintos organismos públicos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024