Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como emprendimiento

ABANCA e o GALP Golfo Ártabro Sur renovan a súa colaboración con financiamento a medida para os seus proxectos

Imagen
  O banco ofrece un catálogo de produtos e servizos adaptados ás necesidades do colectivo O convenio inclúe unha proposta de valor con alternativas de crédito e atención especializada a través da unidade ABANCA Mar ABANCA e o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur veñen de renovar un acordo de colaboración financeiro con diferentes alternativas de crédito, servizos adaptados ás súas necesidades e atención especializada. A través deste convenio, a entidade financeira e o grupo de acción local impulsan a consecución dos obxectivos da estratexia Europa 2020 de promover a inclusión social e a redución da pobreza, a creación de emprego e o fomento da innovación a nivel local, así como contribuir á cohesión do territorio. O acordo foi rubricado hoxe en Sada (A Coruña), pola directora de zona de ABANCA en Betanzos/Eume, Begoña Caamaño, e o presidente do GALP Golfo Ártabro Su...

Enmalle Studio, un proxecto que transforma residuos mariños en arte e impulsa a sostenibilidade

Imagen
O proxecto Enmalle Studio , impulsado grazas ás axudas do GALP Golfo Ártabro Sur, está a liderar unha iniciativa que transforma os residuos mariños e as redes en desuso en arte. A través desta proposta innovadora, móstrase como os restos do mar poden xerar pezas artísticas únicas, ao mesmo tempo que se dignifica o labor das redeiras. A través da creación de tapices e alfombras artísticas, Enmalle Studio conecta a artesanía local, a natureza e a gastronomía, dando un novo enfoque aos residuos mariños e fomentando unha reflexión sobre a súa xestión. O proxecto tamén inclúe cursos de cociña atlántica que potencian o consumo responsable, e unha residencia para artistas que fomenta a creatividade, o intercambio cultural e o traballo co patrimonio mariñeiro. Este espazo non só busca recuperar materiais en desuso, senón que tamén pon en valor a tradición e as prácticas sostibles das comunidades costeiras. Ademais, impulsa un turismo sostible e inclusivo, promovendo unha maior conciencia ambi...

O GALP Golfo Ártabro Sur impulsa o emprendemento sostible na xornada "Como crear a miña propia empresa: Método DIY"

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur participou o 15 de novembro na xornada formativa "Como crear a miña propia empresa: Método DIY" , unha iniciativa organizada pola Cámara de Comercio de A Coruña en colaboración co Concello de Sada, a través da súa Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, e coa participación de Abanca. A sesión contou coa dirección do docente Ángel Noguerol, quen achegou claves e ferramentas para o emprendemento. Durante a xornada, Amparo Dopico, técnico do GALP, presentou as liñas de axuda que a entidade ofrece para apoiar proxectos empresariais que contribúan ao desenvolvemento sostible das comunidades costeiras. Estas axudas están dirixidas a iniciativas que reforcen a cadea de valor do sector pesqueiro, promoven a conservación dos recursos mariños, impulsen a economía local e valoricen o patrimonio cultural e pesqueiro da nosa costa. O GALP reafirma así o seu compromiso co fomento do emprendemento sostible, ofrecendo recursos e apoio técnico a todas aquelas pers...

Innovación e tradición, a modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña gracias ás axudas do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña é un exemplo de innovación que respecta a tradición, impulsada grazas ao apoio do GALP Golfo Ártabro Sur. Este proxecto, que conta agora cunha máquina expendedora de peixe e marisco fresco envasado ao baleiro, representa un cambio significativo para a comercialización de produtos pesqueiros en Galicia. A novidade deste sistema permite aos consumidores adquirir produtos locais de maneira rápida e cómoda, mentres se preserva a calidade e frescura das capturas. Para garantir un espazo moderno e funcional, tamén se fixeron melloras nas instalacións, como a instalación de chans antideslizantes e mostradores de aceiro con sistema de desxeo, pensados para mellorar a seguridade e a presentación dos produtos. Ademais, a pescadería incorporou maquinaria avanzada, incluíndo unha peladora mecanizada que facilita a preparación de peixe para adaptarse ás demandas actuais dos consumidores. A Pescadería Sonia apostou tamén pola transparenc...

O proxecto das “Empanadas do mar” de dúas emprendedoras de Guísamo é elixido exemplo de boas prácticas pola Red Española de Grupos de Pesca

Imagen
  É un dos 32 casos de éxito incluídos no cuarto "Catálogo de Buenas Prácticas en Desarrollo Local Participativo del FEMP” para o bienio 2019-2020 A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) acaba de editar o seu cuarto "Catálogo de Buenas Prácticas en DLP del FEMP - Convocatorias 2019-2020" a través do que dá difusión ás “numerosas, exitosas e orixinais” iniciativas dinamizadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro nos diferentes territorios da xeografía española. Queren, ademais, que estas ideas que se mostraron eficaces sirvan de inspiración a novos promotores e facilitar a súa replica e transferencia a outras contornas e territorios.   Neste contexto, a publicación inclúe como caso de éxito destacado o proxecto das “Empanadas do mar”, beneficiario das axudas do Golfo Ártabro Sur en 2019, a través do cal 2 emprendedoras quixeron innovar e dar un novo valor engadido a un alimento tan galego como é a empanada sumándolle peixe e marisco do Golfo Ártabro Sur. E...