Xornada Formativa de Cooperación GALP Golfo Ártabro Sur: Aproveitamento cultural do Patrimonio Subacuatico Galego e costeiro asociado
Mañá xoves celebrarase no Acuario Fisterrae da Coruña, unha acción
formativa de Cooperación do GALP Golfo Ártabro Sur para os
representantes dos GALP de toda Galicia, ten por obxecto o
Aproveitamento Cultural do Patrimonio Subacuático Galego e Costeiro
Asociado.
Esta acción formativa que terá lugar o vindeiro 22 de Febreiro de
2018, no Aquario Fisterrae, sito no Paseo Marítimo Francisco Vázquez
Vázquez da Coruña. En horario de 11:00 a 15:00.
Esta actividade forma parte das accións a prol da Cooperación entre
territorios que amosa a nosa Estratexia de Desenvolvemento Local
Participativo, e de valorización de noso patrimonio litoral material e
inmaterial.
Esta actividade de formación está dirixida á Representantes de Xunta Directiva dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia: A Mariña Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra, e Ría de Vigo - A Guarda, na que participarán unhas 28 persoas dos sectores do mar, entidades públicas, económía, e do tecido asociativo destes GALP´s.
Foto: Jose A. López Viñas
Comentarios
Publicar un comentario