Seminario para mellorar a contribución dos GALP a nivel local
Mañá comeza en Vigo o seminario “Los GALP y la gestión local de recursos”, organizado pola
Red Europea de Zonas de Pesca (FARNET). O seminario levarase a cabo do 13 ao 15
de marzo e se desenvolverá en diferentes lugares da cidade de Vigo, centrándose
a actividade no centro de conferencias 'Mar de Vigo'.
O obxectivo principal
desta xuntanza é mellorar o apoio dos GALP co fin de optimizar a xestión dos
recursos locais, coñecendo como poden contribuír activamente os GALP a un
enfoque ascendente na xestión dos recursos locais e que papel poden desempeñar
neste proceso e tamén como poden os GALP axudar a mellorar a sustentabilidade
das actividades locais e á conservación do medio ambiente.
Para iso, o martes 13
realizaranse as primeiras actividades de toma de contacto entre os
participantes, que deixarán paso o martes aos diferentes seminarios que hai
programados sobre a materia a tratar. As conferencias continuarán o xoves,
último día da xornada, data escollida tamén para levar a cabo un traballo de
campo.
Adxuntamos o programa
completo do evento. PROGRAMA
Comentarios
Publicar un comentario