II Xornada sobre a Pesca do Cerco
Hoxe, a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña
acolleu a II Xornada sobre a Pesca do Cerco, organizada
pola Asociación de Armadores do Cerco de Galicia. A xornada, titulada
'Inspección, control e réxime sancionador na pesca do cerco', levouse a cabo
durante toda a mañá e contou con relatores expertos na materia e coa presencia
da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Nas diferentes intervencións tratáronse temas
de elevada importancia para o sector pesqueiro como 'A inspección e o control
da pesca nas augas interiores galegas' ou 'A función inspectora e sancionadora
do Estado en materia de pesca marítima con especial atención ás especies con
TAC, Programa GESCuotas, entre outras, que correron a cargo dun representante
da Consellería do Mar e da subdirectora xeral de Control e Inspección de Pesca
do MAPAMA, Teresa Molina Schmid.
O acto rematou cunha mesa redonda na que os
relatores intercambiaron datos, opinións e expuxeron as súas dúbidas ou
inquedanzas. Do peche da xornada encargouse a Conselleira do Mar da Xunta de
Galicia, Rosa Quintana.
Comentarios
Publicar un comentario