Campaña de promoción do peixe de proximidade





O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur financia a traves da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa financiada polo FEMP e a Consellería do Mar, o proxecto 'Vaia Peixe' impulsado pola Asociación de Minoristas do Porto da Coruña e que ten como obxectivo principal promocionar o #peixe 🐟 de proximidade.

O que se pretende a través desta iniciativa é informar á cidadanía de que o mellor peixe é o que poden atopar nas peixerías que teñen máis preto. Alí o cliente terá a certeza de mercar peixe de tempada que se pescou na súa zona. Ademais, benefíciase o peto de cada un xa que se consegue un produto da mellor calidade a un menor prezo. 

No mes de decembro a Asociación de Minoristas do Porto da Coruña realizou unha campaña a pé de rúa para facer ver que na Coruña e na comarca contamos cun dos mellores peixes e mariscos de todo o mundo. máis información aqúí

Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección