Un proxecto do GALP Golfo Ártabro Sur, foi elixido candidato a boas prácticas emprendedoras e en igualdade de xénero no sector pesqueiro.
Este proxecto, do que non podemos desvelar
moita información aínda, é moi importante para a integración da muller
no sector pesqueiro.
O proxecto, nace grazas a unha muller emprendedora,
capaz e vital, que ve oportunidades onde outros non, e transfórmaas en
realidade mediante o seu esforzo e dedicación. Esta muller vinculada dende a
súa infancia ao mundo do mar, ten vocación tan arraigada ao sector pesqueiro
que a levou a consideralo, non só o seu traballo, senón a súa forma de vida,
creando un proxecto innovador, que busca axudar aos demais e que con el busca
dar un xiro á industria amosando a todos que outras formas de traballo son
posibles.
Ela trouxo algo revolucionario e innovador á venda de
peixe en Galicia, baixo as premisas de peixe de proximidade, coa máxima
calidade e frescura. Isto axuda a que todos teñamos as mesmas oportunidades
para poder desfrutar dos produtos cos que o sector pesqueiro nos pode deleitar,
e tamén cambiar a perspectiva dos mais pequenos, facendo que estes vexan o
consumo de peixe fácil de divertido.
Parécevos un
proxecto interesante do que esperades saber mais?
Permanede atentos/as!
Moi pronto teremos mais novas…
Comentarios
Publicar un comentario