COMUNICADO A PROMOTORES
Medidas para garantir
servicios do GALP Golfo Ártabro Sur
Fronte á
situación actual provocada polo brote do novo Coronavirus (Covid-19), informamos que desde o GALP Golfo Ártabro Sur
imprementamos o protocolo de teletraballo para o noso equipo técnico, cos obxectivos
de:
-
Facer todo o posible para garantir a saúde dos
nosos empregados.
-
Asegurar en todo o que sexa posible o soporte aos
nosos promotores.
-
Cumprir coas medidas de prevención de contaxios
que nos indiquen as autoridades.
Respecto ao
traballo ordinario e ás actividades desenvolvidas polo grupo, seguimos as
recomendacións indicadas no comunicado da dirección xeral de desenvolvemento
pesqueiro aos GALP:
-
Limitar a atención directa aos promotores e
beneficiarios das axudas ao abeiro das EDLP e público en xeral, procurando que
esta atención se leve a cabo vía telefónica ou por correo electrónico.
-
En relación aos proxectos en execución dos
promotores da convocatoria actual, as alteracións que poidan sufrir os mesmos
polas medidas adoptadas, serán analizadas, caso por caso, pola Dirección Xeral
e, de non ser posible o cumprimento dos prazos legalmente establecidos,
valorarase a súa posibilidade de prórroga, previa solicitude do obrigado ao seu
cumprimento con anterioridade ao vencemento do prazo que se trate. Cando a
prórroga non implique un reaxuste das anualidades, esta quedará condicionada á
existencia de crédito dispoñible na convocatoria.
-
Comunícase que os prazos para a tramitación dos
procedementos administrativos están suspendidos e que se reanudarán no momento
en que perda vixencia do Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, polo que se
declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo
COVID-19, ou as prórrogas do mesmo. En particular lémbrase que se suspenden os
prazos contemplados no procedemento de solicitudes de axudas ao abeiro da
convocatoria 2020 da Orde do 21 de decembro de 2018.
-
Agradécese aos promotores que envíen a documentación
requirida que teñan no seu poder ata agora para poder ir tramitando os
expedientes para axilizar o proceso cando o estado de alarma finalice.
Recordade que,
mentres dure esta situación de estado de alarma decretado polo presidente do
goberno ante a crisis do Coronavirus, lamentablemente, non poderedes desprazarvos
ata as nosas oficinas e solo vos podemos atender nas nosas canles:
·
Teléfono: 881.896.417
·
Whatsapp: 617.867.820
·
Redes sociais
Polo
anteriormente mencionado, esperamos que esteades o tranquilos que permite esta
situación descoñecida para todos e que sigades todas as recomendacións das
autoridades para que isto remate o antes posible e todos poidamos voltar á normalidade.
No seguinte
enlace podedes ver o comunicado emitido pola Consellería:
Nós, estaremos
pendentes de todas las medidas que se aproben en todos los ámbitos para
informarvos da mellor forma posible.
Gracias pola vosa
colaboración e confianza.
Un cordial saúdo
Alberto L. Castro García
Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur
Comentarios
Publicar un comentario