O GALP Golfo Ártabro Sur continúa a subvencionar a todas aquelas persoas que queren facer realidade proxectos relacionados co mundo do mar



Nesta última convocatoria de marzo no GALP Golfo Ártabro Sur solicitáronse 14 proxectos por un valor total de 905.834,55 euros relacionados coa diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, co fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras e co fomento da cooperación.

O GALP Golfo Ártabro Sur recibiu proxectos por un total de 905.834,55 euros a 14 proxectos relacionados con tres dos seus eixos de actuación coas seguintes porcentaxes: un 64,29% do total relacionados coa diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, un 28,57% aos ligados ao fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras e un 7,14% sobre o fomento da cooperación.
Estes bos datos foron acadados a pesar de que nesta convocatoria o grupo non tiña dispoñible crédito para proxectos relacionados co seu obxectivo estratéxico principal que consiste na mellora da competitividade do sector pesqueiro, na creación de emprego neste sector e en atraer cara el a mocidade asegurando o relevo xeracional, xa que o GALP Golfo Ártabro Sur conseguiu adxudicar o 100% do crédito dispoñible neste eixo.
A pesar disto, o GALP Golfo Ártabro Sur conseguiu darlle un impulso á diversificación cara o turismo, un dos obxectivos que se decidiu acrecentar na avaliación intermedia do grupo  para o que se realizou a presentación en FITUR, amosando a riqueza do Golfo Ártabro Sur como destino turístico e de actividades náuticas.
É relevante resaltar que o GALP Golfo Ártabro Sur continúa a incidir no coidado e preservación do medio natural e os seus recursos ambientais, esgotando case o crédito deste eixo, onde están a encaixarse moitos proxectos presentados. Moi boas cifras para o grupo son as que se extraen desta convocatoria xa que, con estes novos proxectos, axudará a manter case 44 postos de traballo e a creará 20 novos postos.
O GALP Golfo Ártabro Sur, moi contento cos resultados acadados, espera poder ter modificada a súa EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) para a convocatoria de setembro e, deste xeito, ter financiación dispoñible de novo para proxectos en todos os seus eixos, especialmente no eido do obxectivo estratéxico 1, de mellora da competitividade do sector pesqueiro consolidando a súa cadea de valor e garantindo o relevo xeracional, superando así en mais dun 30% o orzamento inicial previsto na EDLP para este obxectivo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024