O GALP Golfo Ártabro Sur pospón todos os eventos que conleven agrupacións de persoas



Ante a crise do COVID-19 e seguindo as recomendacións de seguridade impostas polo goberno, dende o GALP Golfo Ártabro Sur, lamentablemente, informámosvos a todos e a todas que suspendemos todas as nosas actividades de difusión que impliquen agrupacións de persoas, que serán reanudadas nos vindeiros meses.
Estamos moi contentos/as de poder anunciarvos que, debido á gran acollida que tiveron nas edicións pasadas, este ano volveremos a realizar actividades como “Son do mar” e “Un mar de ilusións”, para achegar o mundo do mar, o sector pesqueiro e a cultura mariñeira das nosas vilas a todos e todas aquelas que o desexen. Por iso, estamos pendentes da actualidade e das novidades referentes a esta atípica situación para poder comunicarvos o antes posible as novas datas nas que retomaremos todas as nosas actividades.
Mentres tanto, seguimos traballando coma de costume e podedes atoparnos a través das seguintes canles:
Ø  Teléfono: 881 896 417
Ø  WhatsApp: 617 867 820
Ø  E-mails habituais:
Ø  Redes sociais
Lamentamos as molestias que isto poida causar e agradecemos a vosa paciencia e apoio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024