O proxecto Relevo 2020 presentado como “práctica inspiradora” no X aniversario da REGP e a REMSP


  • O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente no encontro dixital para celebrar o aniversario de ambos entes.

  • No evento analizouse o actual programa de axudas e anunciouse que o próximo, denominado FEMPA, se iniciará, previsiblemente, no 2023.

A Rede Española de Grupos de Pesca (REGP) e a Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro (REMSP) celebraron o seu X aniversario cun encontro en liña no que estivo presente o equipo técnico do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur.

Durante a xornada presentáronse proxectos de boas prácticas inspiradoras, entre os que estivo a iniciativa Relevo 2020. Este programa está promovido por cinco GALP galegos (GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostenible e GALP Ría de Arousa) e busca o relevo xeracional no sector pesqueiro.

Xunto a el, coñecéronse tamén iniciativas do Grupo de Acción Local de Pesca y Acuicultura (GALPEMUR) Cartagena e da Asociación Insular de Desarrollo Rural (AIDER) La Gomera.

Durante a xornada analizouse o traballo realizado a través do programa de axudas actual e avanzáronse cuestións do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e a Acuicultura (FEMPA) que, previsiblemente entrará en vigor no 2023. Este novo plan permitirá aumentar os fondos que se concedan e ampliar as liñas de actuación. Os GALP poden comezar polo tanto a desenvolver as súas novas estratexias. 

O encontro tamén serviu de presentación do libro ‘Un mar de historias con nombre de mujer’ da REMSP, que ten como obxectivo visibilizar o importante traballo da muller no mundo do mar.

Ao longo da xornada interviron Luis Planas, ministro de Pesca, Juan Ignacio Gandarias, director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Marta Edreira, da Rede Europea de Zonas de Pesca (FARNET), José María Solano, coordinador da REGP, e Mar Sáez, da REMSP.

No evento o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur escoitou os diferentes relatorios, interesado en atraer novos fondos para impulsar o desenvolvemento do territorio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024