Os GALP galegos promoven un escape room cultural mariñeiro para celebrar o Día Internacional dos Museos
- Os centros escolares interesados en participar na iniciativa poden realizar a súa solicitude ata o 31 de decembro.
- A actividade pretende promover o patrimonio mariñeiro atlántico europeo entre o alumnado.
O 18 de maio é o día internacional dos museos. Para celebrar este día, desde o proxecto Pasaporte REMA, financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) e promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Galego (GALP), preparouse un xogo en liña en formato Escape Room no que os colexios participantes terán que resolver un misterio, seguindo unha serie de pistas que atoparán de modo virtual en 27 museos pertencentes á Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA).
Os 5 colexios que resolvan o reto nun menor tempo, serán convidados, o día 18 de maio de 2021, a un dos museos da Rede REMA, a competir nun escape room de temática mariñeira deseñado para a ocasión, onde se decidirá quen é o mellor “equipo investigador galego”.
O obxectivo desta iniciativa é promover a difusión do patrimonio mariñeiro atlántico europeo entre os escolares de zonas costeiras galegas, a través do uso da tecnoloxía e convidando a cada alumno para sacar “o detective que leva dentro”.
Os centros interesados poderán realizar a súa solicitude ata o 31 de decembro de 2020 a través rema360@redrema.eu. Prescape azas limitadas. Máis información na web: www.redrema.eu/rema-360/
Rede REMA
Correo electrónico: info@redrema.eu T. 630 536 428
Comentarios
Publicar un comentario