Os GALP e a Red española de Grupos de Pesca analizan as modificacións para adaptarse á nova estratexia do FEMPA
· O FEMP, que se converterá no FEMPA (EMFAF en inglés), estará dotado con 6.108 millóns de euros.
·
A nova estratexia europea busca modernizar, sobre todo, a pesca costeira a
pequena escala e promover a acuicultura.
A finais do pasado decembro, o Consello Europeo e a Eurocámara alcanzaban un acordo informal sobre como distribuír o orzamento de 6.108 millóns de euros do futuro Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura Marítima (FEMPA), ata o de agora FEMP, no período 2021-2027 para manter e modernizar o sector. Búscase mellorar, por exemplo, a eficiencia enerxética dos barcos e reducindo as emisións de CO2, entre outros aspectos clave, para debuxar un futuro máis sostible e innovador para o sector.
O
obxectivo do FEMPA é apoiar, sobre todo, a pesca
costeira a pequena escala e os barcos de ata 24 metros, así como promover a
acuicultura. O texto negociado tamén
ten como fin simplificar os procesos para desbloquear fondos e mellorar os
resultados.
O
documento aínda debe pasar por un escrutinio legal e técnico antes de ser
aprobado polo Comité de Representantes Permanentes do Consello (Coreper) e logo
será presentado para a súa adopción final polo Consello e o Parlamento Europeo.
España
Durante
as reunións mantidas entre os GALP de toda España –entidades que xestionan os
fondos do FEMPA- coa Rede española de Grupos de Pesca para valorar a nova
estratexia, chegouse a unha primeira conclusión sobre as modificacións que será
preciso realizar para adaptarse ao novo marco, así como dos elementos que se
deberán ter en conta para a redacción do programa operativo do Fondo.
Na
próxima reunión fixada para este martes 26 de xaneiro revisarase o documento de
conclusións por se é preciso a súa modificación ou ampliación.
Que é o FEMPA?
O
Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura Marítima ( FEMPA ou EMFAF, polas súas
siglas en inglés) é un dos cinco Fondos Estruturais e de Investimento Europeos
( ESI) que buscan promover un crecemento e unha recuperación baseada no emprego
en Europa.
Comentarios
Publicar un comentario