Aberto ata o 31 de xaneiro o prazo para que 1º e 2º da ESO participen no escape room da Rede REMA

 

·         O "Campionato Escape Rema 360º" desenvolverase en dúas fases: unha primeira online entre febreiro e abril e unha segunda presencia nun museo da Rede.

 

·         Trátase dunha divertida actividade para, coa axuda das TIC, achegar aos rapaces á nosa cultura mariñeira.

 


Sada, 20 de xaneiro de 2021. Ata finais de mes está aberta a 𝗶𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 para o xogo online "Campionato Escape Rema 360º" dirixido a 1º e 2ª da ESO de toda Galicia. Trátase dunha divertida competición online nos chamados escape room a través da que coñecer, coa axuda das TIC, a nosa cultura mariñeira. No caso do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur poden apuntarse os institutos da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

Un escape room é un xogo de aventura físico e mental que consiste en encerrar a un grupo de xogadores nunha habitación para ir desenlazando unha historia a través de enigmas, pistas ou crebacabezas nun tempo limitado.

Os interesados en participar deben escribir un email directamente a 𝗿𝗲𝗺𝗮𝟯𝟲𝟬@𝗿𝗲𝗱𝗿𝗲𝗺𝗮.𝗲𝘂, indicando no asunto “Campeonato Escape REMA 360” e facilitando o contacto da persona responsable.

 

Mecánica moi sinxela
O campionato entre todos os anotados celebrarase online entre os meses de febreiro e abril de 2021.

Despois, os 5 mellores clasificados pasarán a unha Fase Presencial que se celebrará en torno ao día 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos. Non obstante, esta data estará condicionada pola situación sanitaria e podería cambiar.

 A proba presencial do Escape Room realizarase nun dos museos da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos – Rede Rema.

 O "Campionato Escape Rema 360º" é un proxecto conxunto promovido polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, Xunta de Galicia e os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP A Mariña-Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, Galp Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Ría de Vigo-A Guarda).

 

Toda a información

https://www.redrema.eu/rema-360/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024