Presentación oficial do II Roteiro Son do Mar

 

Terá lugar no edificio A Senra, de Bergondo, o próximo xoves 16 ás 18:00 horas



O próximo xoves 16 de setembro, ás 18:00 horas, terá lugar a presentación do II Roteiro Teatralizado Son do Mar no edificio A Senra, de Bergondo. No evento contarase coa asistencia do director Afonso García Penas, do equipo de produción e de realización de Alentía Teatro, de varios dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie, así como de membros do GALP Golfo Ártabro Sur, entidade promotora deste proxecto audiovisual de recuperación da memoria mariñeira.

Debido á pandemia sanitaria, o GALP Golfo Ártabro Sur tivo que atrasar esta evento presencial ata que as condicións sanitarias se consideraron seguras para organizar un acto público. Neste sentido, a asistencia farase mediante convite directo. 

Durante o encontro, o elenco asistente escenificará un fragmento desta historia para presentar os 15 capítulos que artellan esta viaxe experiencial polo pasado e o patrimonio mariñeiro dos sete municipios do territorio GALP Golfo Ártabro Sur: Arteixo, Bergondo, Cambre, Coruña Culleredo, Oleiros e Sada.

 

Documento audiovisual do pasado mariñeiro
O GALP Golfo Ártabro Sur promoveu en 2020 a segunda edición do roteiro teatralizado O Son do Mar aínda que, debido á situación sanitaria xurdida en plena preparación da rodaxe, tivo que trasladar o formato presencial ao audiovisual a través de 15 vídeos curtos que percorren os preto de 80 quilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. Os vídeos quedarán como un documento da historia social e económica deste territorio, das tradicións mariñeiras ou da evolución do sector do mar e da pesca. 

A personaxe principal é o emigrante retornado Ramón Boutureira quen, despois de case 70 anos emigrado en Nova York, volve á súa vila natal para ver, en primeira persoa, os cambios acontecidos nos lugares, na xente e nos costumes que el recordaba de cando era neno e acompañaba a seu pai transportando mercadorías.

Outro valor engadido deste proxecto foi a intensa colaboración coa veciñanza residente nos sete concellos que integran o territorio do GALP Golfo Ártabro Sur para, primeiro, ser informantes e recordar feitos da historia local e, despois converterse por unhas horas, en actores e actrices amateurs. Entre protagonistas, figurantes e público, nesta produción do GALP Golfo Ártabro Sur contouse con 33 persoas maiores e menores de 40 anos.

 

Sempre accesibles
Os 15 episodios do II Roteiro Teatralizado Son do Mar fóronse publicando cada venres desde finais de xaneiro pasado na canle de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur. Desde entón, aquí están sempre dispoñibles en aberto para todos aqueles que aínda non os coñezan ou para quen os queira ver de novo. 

En sete meses sumaron cerca de 24.900 visualizacións, unhas 1.200 horas de metraxe vistas e numerosos e emotivos comentarios en todas as redes sociais do GALP (FacebookInstagramTwitter e o mesmo Youtube) que dan conta da boa acollida entre a pobación. 

 

Acceso directo II Roteiro Teatralizado Son do Mar >>  https://www.youtube.com/watch?v=8PkmnQ_SoU0&list=PLE5kM0wt2fLote2YbDLb9DBQhP-ADWZrE




Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024