O novo programa RELEVO 2 achegará o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino galegos para fomentar o relevo xeracional


O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022 


Os Galp Golfo Ártabro Sur, Ría de Vigo - A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Golfo Ártabro Norte e A Mariña Ortegal promoven o novo proxecto de colaboración Relevo2 a través do que queren trasladar ao alumnado dos centros de ensino de na nosa comunidade. O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022.

 

Entre os seus obxectivos atópanse:

  • Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores.
  • Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo.
  • Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.

 

O programa divídese en tres bloques principais de contidos:

  • Pesca e acuicultura
  • Transformación e comercialización
  • Turismo 

Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesións de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector. 


O equipo docente
O proxecto conta cun equipo de docentes, profesionais do eido do ámbito marítimo e con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos. 

Ademais, contarase na súa execución con profesionais do sector pesqueiro e con entidades de relevancia dentro do mesmo e no sector da formación que aportarán a súa experiencia e profesionalidade ao proxecto e en beneficio do alumnado participante. 

Toda a información está dispoñible na web do proxecto relevo2.org ou, directamente, na oficina de cada GALP promotor.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024