Comparativa entre o FEMP e o novo FEMPA 2021-2027
O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura abre un grande abano de posibilidades para os GALP que xa están adaptando as súas estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (DLP)
A
comezos de xullo pasado, en concreto o martes 6, o pleno do Parlamento Europeo
daba luz verde ao novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura (FEMPA)
para o período 2021-2027 cun orzamento de 6.108
millóns de euros, do que España será o principal receptor con 1.200M€.
Co FEMPA 2021-2027, que se aplicará retroactivamente desde xaneiro pasado, a UE quere dar un especial impulso ao relevo xeracional no sector do mar, á pesca de baixura e ás rexións ultraperiféricas (como as illas Canarias) no marco dun instrumento que ten como principais liñas de accións protexer e restaurar a biodiversidade mariña, a acuicultura e a pesca de baixura, a eficiencia enerxética, o relevo xeracional, o despezamento dos barcos antigos ou o incremento da seguridade a bordo.
No caso dos GALP, o período FEMPA, abre un abano de posibilidades que os grupos poden aproveitar a través das súas estratexias de desenvolvemento local participativo (DLP), que xa están adaptando, do traballo diario e da súa ampla experiencia na xestión dos fondos europeos.
Precisamente, no último Boletín Especial "En Red" da Red Española de Grupos de Pesca inclúese un completo cadro comparativo sobre as principais diferencias entre o FEMP 2014-2020 e o FEMPA analizando variables como:
- Diferencias prácticas entre ambos fondos (obxectivos, definición de áreas, grupos de interese, tarefas dos GALP, porcentaxes de financiación, etc.).
- Prioridades horizontais do FEMPA.
- Oportunidades para os GALP.
- Elementos claves para o traballo dos GALP.
Comentarios
Publicar un comentario