Resolución definitiva das axudas da convocatoria 2021

Os promotores poden consultar o estado do seu proxecto a través do sistema Notifica



O pasado venres 27 de agosto fíxose pública a resolución definitiva da primeira convocatoria de axudas 2021 tramitada polo GALP Golfo Ártabro Sur. 

Os promotores implicados poden consultar o documento a través do seu sistema Notifica ou, en caso de dúbidas, contactar directamente coa oficina do GALP por teléfono, e-mail ou presencial na oficina situada na Casa do Mar de Sada: 

881 896 417
📧 galpgolfoartabrosur@gmail.com
📍 Avda. do Porto, 21, baixo. Sada

En abril pasado, a xunta directiva do GALP Golfo Ártabro Sur seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (DLP) e que despois enviou para aprobación definitiva por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Desde a Xunta Directiva do GALP consideraron un éxito os 28 proxectos recibidos este ano pese á inestable situación económica derivada da crise sanitaria do covid-19. Na súa opinión, este éxito de concorrencia pode explicarse polo feito de que gran parte das iniciativas subvencionadas están dirixidas á dinamización, innovación e mellora directa ou indirecta do sector pesqueiro do territorio.

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024