Representantes de Parques Nacionales e Reservas da Biosfera de Honduras coñecen o traballo do GALP Golfo Ártabro Sur

Visitaron varias empresas subvencionadas pola entidade relacionadas co turismo sostible, co náutico e coa eficiencia enerxética aplicada á cadea de valor do sector pesqueiro.



Durante toda a mañá do 22 de novembro, representantes do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN) de Honduras e de catro Reservas da Biosfera deste país coñeceron de primeira man o traballo do GALP Golfo Ártabro Sur e varios dos proxectos que leva apoiados.

A primeira hora achegáronse á sede institucional do GALP Golfo Ártabro Sur en Sada, onde foron recibidos polo presidente, Alberto Castro; o secretario, José Garrote; e o xerente, Federico López; aos que se sumou o xerente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Jorge Blanco. De feito, a comitiva hondureña está participando nunha viaxe de estudos convidada por esta última entidade.

Tras a presentación oficial en Sada, o grupo de 16 persoas desprazouse ata o complexo de Cabanas de Canide (Mera, Oleiros) para poder ver un proxecto de turismo sostible, á Lonxa da Coruña para coñecer os proxectos de eficiencia enerxética, rematando en Servizos Náuticos Altavela en Sada, para ver un proxecto de turismo sostible. Todos estes proxectos foron financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur a través dos fondos europeos FEMP que xestiona.

Como colofón da xornada en Sada, levouse a cabo unha degustación de produtos do mar.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024