“Un mar en común”, o proxecto que dinamiza o tecido asociativo dos GALP, organizou unha xornada de encontro e formación no territorio do Golfo Ártabro Sur

 

Ata o momento participaron nas entrevistas da fase inicial as Redeiras de Lorbé, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña, o Grupo Naturalista Hábitat, AMISADA, as fundacións INLADI e ASPACE, Ecos do Sur ONG, as asociacións Ría do Pedrido e Club Marítimo de Pesca Recreativa e Deportiva de Sada, Elas Pro-Igualdade da Muller e Socio Cultural de Mulleres "Meigas".



Esta tarde tivo lugar na Casa do Mar de Sada un encontro entre os asociados do GALP Golfo Ártabro Sur no marco do proxecto colaborativo “Un mar en común”. Durante a sesión, levouse a cabo unha sesión formativa para tecer redes impartida pola coaching e facilitadora de procesos de aprendizaxe, Raquel Pedrouso, seguida dun viño español.

A sesión de coaching-formación serviu para presentar o proxecto “Un mar en común. A afouteza da xente do mar”, que é  quen hai tras el, falar da importancia da cooperación para poñer en valor o territorio e fixar emprego, do papel da innovación e da tradición nos traballos relacionados co mar e, sobre todo, da colaboración colectiva para o futuro de Galicia.

 Na actualidade, o Galp Golfo Ártabro Sur conta con preto de 40 entidades asociadas pertencentes ao sectores pesqueiro, social, económico e público, todas elas convidadas ao evento. Aproximadamente, unha veintena de persoas, pertencentes ás Redeiras de Lorbé, a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostible, ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña, o Grupo Naturalista Hábitat, AMISADA, as fundacións INLADI e ASPACE, Ecos do Sur ONG, as asociacións Ría do Pedrido e Club Marítimo de Pesca Recreativa e Deportiva de Sada, Elas Pro-Igualdade da Muller e Socio Cultural de Mulleres "Meigas", participaron xa nas entrevistas que a directora de proxecto, a antropóloga Cristina Valdés, está a realizar dende finais de setembro dentro da primeira fase do proxecto.

A interacción desta segunda parte do proxecto favorecerá as sinerxias co obxectivo de espertar, abrir e proxectar novas posibilidades de desenvolvemento e crecemento económico no territorio a través da interacción e a colaboración dos axentes locais, as entidades e os asociados.

 

Catros fases
“Un mar en común. A afouteza da xente do mar” é un proxecto colaborativo impulsado polos GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co GALP Golfo Ártabro Sur co obxectivo de fortalecer o tecido asociativo das catro entidades e dotar de ferramentas ás persoas socias para mellorar a súa relación e a súa comunicación interna e externa.

O traballo de investigación está a permitir facer unha diagnose da situación na que se atopa o sector e poñer en marcha un conxunto de accións (talleres, intercambios de boas prácticas) para impulsar a cooperación e a colaboración interterritorial mediante a participación dos 4 GALP promotores.

Estruturado en catro fases, na primeira entrevistous aos integrantes das asociacións que forman parte dos GALP para coñecer as súas opinións. Na segunda, a actual, realízanse as xornadas de formación/interacción segundo as necesidades que traslade cada grupo; e na terceira, farase unha posta en común entre as entidades pertencentes aos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro. 

Por último, na cuarta fase, publicaranse os resultados acadados durante a investigación e propoñerase un manual de boas prácticas que sirva de guía para manter a dinamización do tecido asociativo no futuro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024