O proxecto didáctico “Un mar de ilusións” achegou o mundo do mar ao sector da diversidade funcional
O GALP Golfo Ártabro Sur editou
un vídeo e un caderno de actividades en linguaxe adaptado coa colaboración de Aspanaes,
Autismo Galicia e do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.
Na tarde do 1 de decembro, o GALP
Golfo Ártabro Sur presentou o seu novo proxecto “Un mar de ilusións – Coñecendo
os fondos mariños” a través do que quere dar a coñecer as especies mariñas máis
representativas ao sector da diversidade funcional. O evento, que tivo lugar no
Centro Tecnolóxico de Arteixo, estivo presidido por Patricia Amado,
vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur e presentado por Amparo Dopico, do
equipo técnico do grupo, e arroupado por representantes da Asociación para a
Integración de la discapacidad en A Coruña (AIND), Centro Ocupacional Pascual
Veiga, Aspanaes (Asociación de Padres de Personas con Trastorno del Espectro
Autista de la provincia de A Coruña), Down Coruña, Aspace, FADENGA ou Autismo
Galicia.
Ver aquí a galería completa de fotos do acto >>
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1146132765791831&type=3
O evento, que coincidiu na semana que se celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (venres 3), foi aproveitado para entregar os premios do concurso de postais de Nadal 2020, adiado debido á pandemia, e anunciar o deste ano.
Material
didáctico adaptado
O material didáctico do proxecto inclusivo “Un mar de
ilusións” está composto por un vídeo e un caderno de actividades de
apoio. Para a súa produción e deseño, o GALP Golfo Ártabro Sur contou coa
inestimable colaboración de Aspanaes, de Autismo
Galicia e do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.
Dunha forma sinxela e divertida, con ambos dáse a coñecer e achégase o mar ás persoas con diversidade funcional; ensínaselles a importancia e a riqueza dos nosos mares e océanos, das especies mariñas e as características de cada unha delas ou a viaxe que realizan desde o mar ata os mercados e de aí, ás nosas casas. Outro dos obxectivos do proxecto “Un mar de ilusións” é potenciar o consumo de peixe e a súa importancia na nosa saúde, así como concienciar a necesidade de ter os mares limpos.
Entrega
para uso libre nos centros
A
todas as entidades asistentes entregóuselle unha copia do proxecto para que poidan
traballar con el nos seus centros. As que non puideron asistir, ou calquera
persoa interesada, poden solicitar o envío escribindo ao correo electrónico galpgolfoartabrosur@gmail.com.
Comentarios
Publicar un comentario