Inicio, continuidade e peche de varios proxectos de cooperación GALP
Chegaron á súa fin Rede REMA, Relevo 2020 e iniciaron a súa execución Rimartes ou Bitácoras do mar
A conselleira do Mar, Rosa
Quintana, destacaba o pasado venres 17, durante a clausura da Rede REMA, o importante papel que desenvolven os grupos
de acción local do sector pesqueiro (GALP) na salvagarda e na difusión do
patrimonio mariñeiro. Nesta liña puxo, precisamente, como exemplo a Rede de
Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), que naceu como un proxecto de
cooperación destes grupos para divulgar a cultura vencellada co mar.
Ao longo da xornada de peche do proxecto Pasaporte REMA, presentáronse resultados de distintas actividades realizadas como a Escape Room 360º para escoalres, entre outras; entregáronse cestas con produtos mariñeiros elaboradas polas redeiras de Corme e premiáronse aos museos que selaron máis pasaportes (selo Remiña). O Pasaporte REMA é unha iniciativa que ten a súa orixe no proxecto Morada Atlántica, no que participaron todos os GALP de Galicia.
Só uns días antes, o martes 14 presentábase ao público outro proxecto de cooperación no que participa o GALP Golfo Ártabro Sur xunto co GALP Costa Sostible e o GALP Costa da Morte. Trátase de “RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo” a través do que se dará a coñecer o patrimonio submariño a través do mergullo reacreativo para afeccionados de todos os niveis. Xuntos, os tres territorios abarcan 25 concellos costeiros e uns 300 kilómetros de costa desde Sada a Porto do Son e case medio cento de pecios por explorar baixo o nivel do mar.
Entre este ano e o que vén tamén está activo o proxecto “Relevo 2” e “Bitácoras do mar”. Este último ten como fin dar a coñecer os logros acadados polos GALP na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul. Na fase inicial lanzaron un concurso para poñer en valor aqueles proxectos máis significativos considerados “boas prácticas”. No territorio do GALP Golfo Ártabro Sur resultou gañador o proxecto da empresa de revalorización de plásticos do sector pesqueiro, “Recuperamos”.
Pola súa banda, “Relevo
2. Mocidade a bordo” comezaba
a finais de outubro cunha gran acollida e moitas expectativas en catro aulas de
4º da ESO dos IES O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo de Sada, e o David Buján, de
Cambre. Máis dun cento de rapaces coñecerán o potencial do sector para explorar
todas as oportunidades que ofrece e encamiñar un futuro laboral ligado ao mar e
á pesca.
Comentarios
Publicar un comentario