O proxecto colaborativo “Bitácoras do mar” coñece o que se move no teu territorio
Este proxecto de cooperación busca visibilizar o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro.
Participan os territorios dos GALP Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra.
O proxecto Bitácoras do Mar, permitirá coñecer os logros acadados polos GALP na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul.
A fase inicial de Bitácoras do Mar céntrase na posta en valor daqueles proxectos significativos e que son considerados “boas prácticas” e referentes de iniciativas nos territorios costeiros. Para iso, lanzamos o concurso no que o público pode participar na elección da iniciativa que considera máis destacable.
Podes participar do concurso votando os proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur:
GALP Golfo Ártabro Sur: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP8
E tamén os dos outros territorios:
GALP GOLFO Artabro NORTE https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP2
Galp Costa Sostible: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP4
Galp Ría De Arousa: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP5
GALP Ría de Pontevedra: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP6
Comentarios
Publicar un comentario