Anfitrións do Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030
Xunto con Golfo Ártabro Norte acollemos unha mesa participativa na que se recolleu información para incorporar ao documento
Esta iniciativa é froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería do Mar coa Universidade da Coruña (UDC) e a súa fundación (FUAC), co obxectivo de redactar un documento base do plan no que se recollerán as liñas estratéxicas, iniciativas e accións a desenvolver no período 2021-2023, así como os pasos a seguir nos seguintes anos.
Actualmente, está en marcha a primeira das seis fases que comprenderán o proxecto. Nesta etapa inicial lévase a cabo unha investigación para acadar un diagnóstico concreto da cultura e o mar, así como crear os grupos de expertos e os de traballo para identificar e redactar as liñas de actuación por eixos estratéxicos. A mesa participativa que o pasado xoves 21 acollemos o GALP Golfo Ártabro Sur e o Golfo Ártabro Norte na Casa do Pescador de Miño forma parte desta fase de traballo de campo por diferentes puntos da costa galega.
O resto de fases consistirán na elaboración dun documento marco preliminar e lanzamento do plan, seguimento e realización de accións, coordinación dos efectos das accións e das necesidades e actualización e reflexión.
Informantes 2.0
Na
páxina web https://www.udc.es/planculturamaritima calquera persoa pode aportar a súa opinión, bagaxe ou
experiencia e axudar a preservar mellor o patrimonio e a cultura marítima que
ten máis próximos. Neste sentido, a Consellería do Mar anima aos expertos do
sector marítimo-pesqueiro, as xentes do mar e as principais asociacións da
cultura marítima, así como calquera axente da sociedade, a facer as súas
achegas para ter un plan o máis completo posible.
Comentarios
Publicar un comentario