Xornadas de tres proxectos de cooperación
De
Bitácoras do mar, RIMARTES e Un mar en común
Os proxectos de cooperación nos
que participamos continúan a súa andaina. O venres 22 de abril, Bitácoras do
mar organizou un parladoiro do proxecto no territorio do GALP Costa Sostible
para reflexionar conxuntamente do desenvolvemento sostible das zonas costeiras.
Tivo lugar no Hotel Meiga do Mar.
En xuño, o venres 10 no GALP Ría de Pontevedra afondaremos no modelo de gobernanza das zonas costeiras de Galicia e xa o venres 17 será a nosa quenda para falar do produto pesqueiro, consumo e innovación.
Pola súa banda, o proxecto de
turismo experiencial RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo tamén
convocou unha reunión sectorial o luns 25 abril no Nordés Club Empresarial para
presentación da iniciativa ao sector hostaleiro do territorio. O obxectivo foi
establecer posibles sinerxias co proxecto en si e, en concreto, cos centros de
mergullo colaboradores de RIMARTES que, na nosa zona, son Buceo Galicia,
Deepteam Coruña e Nauga, todos con sede na cidade Coruña.
Tras unha primeira fase centrada na documentación e catalogación de case medio centro de pecios de gran valor histórico entre Bergondo e Porto do Son ou na promoción na feira internacional FITUR da man de Turgalicia, neste 2022 continúa coa fase de edición de material divulgativo como son as rutas emocionais, o folleto e os carteis do proxecto ou a comunicación a través de redes sociais e dunha web propia ou a organización do I Campionato de foto submarina en pecios, entre outras accións estratéxicas que se anunciarán en breve.
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur
informaremos de todas as actividades que se realizarán no noso territorio no
mes de xuño.
Comentarios
Publicar un comentario