Evento #CamiñodeFuturo en Abegondo

 A empresa de servicios náuticos Altavela contou a súa experiencia como promotora do GALP Golfo Ártabro Sur


O mércores 20 de abril participamos na xornada de networking #CamiñodeFuturo en Abegondo para explicarlle ás pemes e microempresas do territorio os instrumentos de apoio dos que dispoñen para aumentar a súa competitividade, avanzar no camiño da innovación e seguir xerando riqueza. O evento, que se celebrou en quince concellos de Galicia, estaba promovido pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación xunto coa Consellería de Medio Rural e Consellería do Mar contando coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e os Grupos de Acción Local Pesqueira (GALP).

Durante o evento interviñeron Patricia Argerey, directora da GAIN (Axencia Galega de Innovación); representantes do IGAPE, da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e do GALP Golfo Ártabro Sur.

Tamén contou a súa experiencia como promotora Ana Suero Fernández, da empresa de servicios náuticos Altavela, con sede en Sada, que recibiu unha subvención do GALP Golfo Ártabro Sur para emprender no noso territorio.

O lugar da xornada foi o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024