Convite ás xuntazas dos proxectos de cooperación “Un mar en común” e “Bitácoras do Mar”

Terán lugar o xoves 16 en Sada e o venres 17 na lonxa da Coruña e están dirixidas a representantes da xunta directiva e da asemblea do GALP Golfo Ártabro Sur

 

O GALP Golfo Ártabro Sur acollerá os próximos xoves 16 e venres 17 os encontros dos proxectos de cooperación “Un mar en común” e “Bitácoras do Mar” aos que está convidados representantes da xunta directiva e da asemblea. Van ser dúas grandes oportunidades para compartir coñecemento, experiencias e opinións. 

Os interesados en asistir poden comunicalo a través do correo electrónico galpgolfoartabrosur@gmail.com ou no teléfono 881 896 417.


O xoves 16 (17.00h), o consultor en comunicación e estratexia comercial Roberto Pérez Marijuán dirixirá o obradoiro de procesos participativos de “Un mar en común” na sede do GALP (Casa do Mar de Sada. Avda. do Porto, 21). O obxectivo da sesión é coñecer e aprender algunhas das metodoloxías de colaboración entre persoas para fomentar os procesos participativos.


Ao día seguinte, o venres 17 (10.30-17.00h) na lonxa da Coruña, e no marco do tamén proxecto de cooperación “Bitácoras do mar”, terá lugar o parladoiro denominado “O produto pesqueiro: consumo e innovación”. Durante esta xuntaza poremos en valor o produto pesqueiro como eixo vertebrador e de referencia para impulsar a sostibilidade do seu territorio de referencia. O obxectivo é visibilizar o sector mar-pesca como axente principal de proxectos tractores nas EDLP.

Entre os relatores convidados estarán Marta Villaverde, subdirectora xeral de Pesca e Mercados da Pesca da Xunta de Galicia; Carmen González Sotelo, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) e Miguel García Silvarredonda, cociñeiro e profesor do FP Dual Gastronomía e cociña. CIFP Paseo das Pontes, na Coruña. Para finalizar, haberá unha degustación de produtos do mar do noso territorio.



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024