Formación coa REGP sobre EDLP eficientes
Xa estamos preparándonos para comezar a elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2021-2027
Desde o GALP Golfo Ártabro Sur
continuamos mellorando cada día os nosos coñecementos para ofrecer un
asesoramento técnico óptimo ás entidades do sector mar-pesca do noso
territorio. Durante dous días, o 19 e o 20 de maio, participamos no II Taller
formativo online da Red Española de Grupos de Pesca (REGP): "O deseño da
EDLP como ferramenta base para a xestión dos GALP".
Ademais de ser unha oportunidade para comparar a nosa estratexia coa de Grupos de toda España, aprendemos novas técnicas cuantitativas e cualitativas para deseñar e valorar os proxectos de emprendemento presentados ás nosas axudas.
Non obstante, tal e como puidemos comprobar, desde o GALP Golfo Ártabro Sur xa seguimos nunha porcentaxe moi alta estas indicacións o que, consideramos, é o motivo do éxito das convocatorias anteriores. Neste camiño, agora o noso obxectivo é seguir mellorando para ofrecerlle a todos os promotores un apoio sustentado na excelencia.
Nova
estratexia
Actualmente, desde o GALP Golfo
Ártabro Sur xa estamos preparándonos para comezar o proceso de xestión da
elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o
período 2021-2027.
Comentarios
Publicar un comentario