Viaxe de estudo para coñecer o sector pesqueiro do GALP Gandía Albufera

Foi unha grande experiencia para coñecer experiencias positivas e trasladar accións ao noso territorio


Representantes da directiva do GALP Golfo Ártabro Sur realizaron na primeira semana de maio unha viaxe de estudo ao territorio do GALP Gandía Albufera (Valencia) para coñecer a realidade do sector mar-pesca desta zona do mar Mediterráneo, os proxectos que levan a cabo e establecer sinerxias. Nestas visitas foron recibidos e acompañados polas autoridades locais. 

A comitiva reuniuse co presidente da entidade e da Comunitat de Pescadores de El Palmar, co equipo técnico do GALP Gandía Albufera, co director do Parque Natural de l'Albufera ou co subdirector da Consellería de Pesca da Comunitat Valenciana, entre outros representantes locais. 

Tamén visitaron proxectos e iniciativas implementados e subvencionados no marco da súa Estratexia de Desenvolvemento Local. De todas estas xuntanzas de traballo xurdiron alianzas moi interesantes. 


Sinerxias positivas
Esta experiencia formativa foi, de novo, unha grande oportunidade para tecer lazos con outros GALP de España, coñecer as súas realidades e extrapolar as súas experiencias máis positivas e exitosas ao noso territorio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección