Novas ideas para fomentar o relevo xeracional do sector mar-pesca
Asistimos ao seminario de FAMENET "Como atraer á xente nova ao sector da pesca desde os GALP"
Un dos eixos do traballo do GALP Golfo Ártabro Sur é potenciar o papel das comunidades marítimas como actores clave da economía local. Defendemos firmemente a idea de que un sector primario forte é, por unha banda, a base para garantir un ecosistema laboral sostible e digno e, pola outra, a salvagarda dun futuro sólido para todas as persoas e colectivos do territorio.
Neste contexto, desde a nosa entidade mantemos unha actitude de aprendizaxe continua para dispoñer dos mellores coñecementos e ferramentas para asesorar a todos aqueles que nos presentan os seus proxectos de emprendemento, e tamén para poñer en marcha os nosos propios plans de dinamización como aqueles encamiñados a fomentar o relevo xeracional.
Neste sentido, desde hai dous cursos académicos, no GALP Golfo Ártabro Sur participamos nos programas de cooperación “Relevo” e “Relevo 2” dirixido a impulsar o relevo xeracional entre a mocidade do noso territorio. Tamén editamos dúas Guías de oficios mariños nas que recollemos unha relación de estudos académicos regulados e relacionados con saídas laborais no sector do mar, itinerarios formativos e os centros de Galicia onde se imparten.
Que é FAMENET?
A entidade FAMENET, constituída recentemente, é o
resultado da fusión das antigas FAME e FARNET. O obxectivo desta Rede de
Seguimento, Evaluación e Apoio Local da Pesca e a Acuicultura (tradución do
acrónimo ao galego) é respaldar a implementación do Fondo Europeo Marítimo e de
Pesca (FEMP) e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).
Comentarios
Publicar un comentario