Os equipos técnicos dos GALPs galegos continúan coas reunións de traballo coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

 

O equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur e o resto de equipos técnicos dos GALPs galegos reúnense coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e o seu equipo onde se traballou sobre o peche do Programa FEMP e os novos fondos FEMPA

 




Neste mes de marzo, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur estivo presente nas diferentes reunións levadas a cabo por tódolos GALPs galegos, tanto presenciais como via telemática, onde se trataron temas como peche de do Programa FEMP, e seguir traballando na nova convocatoria das axudas do fondo FEMPA.

Todos os GALPs galegos xunto coa Consellería do Mar están a realizar todas as accións necesarias para poder abrir a convocatoria dos fondos FEMPA nesta anualidade, así como ultimar a documentación para facilitar a tódolos promotores a presentación dos seus proxectos.

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección