O Galp Golfo Ártabro Sur estivo no náutico do Freixo No encontro de entidades e proxectos xurdidos no Programa Tanza organizado polo GALP Costa Sostible


 O Pasado venres 14 de abril, no náutico do Freixo, en Outes, tivo lugar o encontro de entidades e proxectos xurdidos no Programa Tanza organizado polo GALP Costa Sostible e a consultura Cidadanía, No que en representación do GALP Golfo Ártabro Sur, estivo a súa Xerencia, Federico E. López Viñas.

Nesta xornada tiña como obxectivos:

  • Coñecer os proxectos desenvoltos nos distintos GALP e a súa repercusión na zona costeira.
  • Establecer un espazo de intercambio de proxectos ao redor das iniciativas deeconomía circular derivadas do programa Tanza.
  • Identificar necesidades, lóxicas cooperativas e colaborativas que se puideran dar entre as entidades.
  • Recoller ideas ou boas prácticas que reforzan ás iniciativas que se estántraballando desde cada unha das zonas costeiras.

 Nesta xornada coñecimos os proxectos: 

Ártabro Inclusivo desenvolto no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte conta coa colaboración dos concello de Fene, Ferrol e Narón e as entidades Aspaneps e a Asociación de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. Este proxecto está encamiñado a erradicar refugallos das praias e costas do territorio; pero tamén pensando en dar unha segunda vida a ese material desbotado, a través da posta en marcha da iniciativa de preciousplastic. https://www.facebook.com/artabroinclusivo/ 

Costa da Morte-Diversiplás proxecto que contempla diferentes liñas actuación entre as que destaca a creación dun taller para o aproveitamento e tratamento de residuos plásticos procedentes do mar así como el desenvolvemento dun programa de divulgación, sensibilización e concienciación orientado á valorización dos residuos, que conta coa colaboración e implicación de diferentes entidades, concellos e as confrarías da Costa da Morte, colectivos de redeiras e mariscadoras. https://www.integro.es/es/etiqueta/diversiplas/

Amecomar. Amegrove Coida o Mar. Proxecto promovido desde a cooperativa de produtores
mexilloeiros Amegrove, en Arousa e dirixido ao coidado do medio mariño implicando ao
sector pesqueiro na recollida e transporte a terra de lixos plásticos, aproveitando as saídas
das embarcacións ao mar.
http://amecomar.amegrove.es/

Aula Sostible do Freixo. O proxecto localizado nunha antiga escola unitaria no concello de Outes céntrase no asentamento de iniciativas de innovación para o aproveitamento dos residuos mariños outorgando un papel central aos axentes participantes na súa posta en marcha. Participan as entidades de inclusión social, Asociación A Creba, Asociación Misela e ADISBISMUR. Tamén centra a promoción do proxecto na necesidade de colaboración co tecido de entidades do sector pesqueiro a través da Asociación de Mulleres, que é quen promove o proxecto, e co apoio do Concello de Outes cedendo o local da aula.

Entre as liñas de traballo propostas para os vindeiros anos, está a de incrementar o coñecemento entre os distintos proxectos e entidades, e colaborar co sector do mar e incrementar sinerxias.

Se visitou a aula do Freixo e o Astaleiro de San Ciprián.
















Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio