Xornadas para formación á presentación axudas FEMPA 2024


Nestas xornadas daremos a coñecer os posibles proxectos que poden ser financiadas mediante os fondos FEMPA neste 2024 (pesca, comercialización, transformación, turismo, benestar social, patrimonio, medio ambiente, etc.), amosaremos proxectos de éxito da pasada anualidade, promotores que obtiveron axudas contarán a súa experiencia, etc.
Como punto principal, amosarase a forma de presentar a documentación correctamente e conseguir o éxito no proxecto, e aconsellarase persoalmente todas as dúbidas existentes.
 
Convidámosvos ás xornadas que imos a realizar tanto de xeito presencial como online:

“Xornada de presentación axudas FEMPA 2024”
     15 de febreiro de 2024 de 18:00 a 20:00h na sede do GALP Golfo Ártabro Sur (Avda. Do Porto nº 21 baixo – Sada)
 
 
- “Xornada de presentación axudas FEMPA 2024”
    16 de febreiro de 2024 de 9:00 a 11:00h online mediante plataforma Zoom
 
 
- “Xornada de presentación FEMPA 2024”
    19 de febreiro de 2024 de 9:00 a 11:00h na Lonxa da Coruña (Peirao Linares Rivas s/n – A Coruña)
 
Esperámosvos, porque dende o GALP Golfo Ártabro Sur “Impulsamos as túas ideas”.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio