O GALP Golfo Ártabro Sur consigue ter proxectos polo 40% do total da estratexia

 

O GALP Golfo Ártabro Sur recibe proxectos por máis de 1.500.000 euros, co que agota o 40% do seu crédito.

O GALP Golfo Ártabro Sur consegue un importante éxito nesta convocatoria de axudas 2024, acollendo proxectos por máis de 1.500.000 euros.

Neste último mes a actividade do equipo técnico do GALP foi frenética para conseguir revisar tódolos proxectos e realizar as tramitacións oportunas. Dos 30 proxectos recibidos nesta convocatoria, a maior parte deles ou de ser posible a totalidade, serán aprobados pola Xunta Directiva na reunión que se celebrará o próximo mes de abril.

Esta segunda convocatoria de 2024 é na que máis proxectos se presentaron na historia do GALP Golfo Ártabro Sur. O traballo de difusión e o coñecemento e confianza dos promotores no grupo, fan que cada ano se presenten máis proxectos e polo tanto o desenvolvemento do territorio siga a medrar e consigamos unha contorna frutífera e con oportunidades vencelladas ao mar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

O Tizón de Nadal, un rito ancestral que aporta boa sorte e protección