Unha gran tarefa que levou ao GALP Golfo Ártabro Sur a culminar o FEMP ao 99% de execución
O ata agora secretario do GALP Golfo Ártabro Sur José Garrote remata a súa andaina no cargo deixando uns espléndidos resultados no programa FEMP.
Tras 12 anos como secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José
Garrote “o noso secretario” rematou de motu propio a súa andaina no
cargo o pasado mes. Durante todo este tempo de entrega e dedicación aos
quefaceres diarios do grupo, culminou o seu cargo deixando neste uns magníficos
resultados.
De natureza traballadora e constante, José, acudía diariamente ás oficinas
para levar o seguimento exhaustivo de cada unha das actividades e proxectos
realizados dende o grupo, para conseguir un traballo ben feito. Unha das
anécdotas que o equipo técnico destaca, e que en todos estes anos nunca o viron
cunha axenda ou con algo anotado, sen embargo, nunca esquecía o máis mínimo
detalle do traballo feito.
Non podemos esquecer que José foi o embaixador do grupo na maior
parte dos eventos realizados, tanto dentro do territorio GALP como fora, pois
asistiu a tódolos plenarios, Fitur, proxectos de cooperación e reunións en
representación da Xunta Directiva.
Xa non estará con nós diariamente, pero seguiremos contando con él
como vogal da Xunta Directiva aportando a súa experiencia, e tamén esperamos que nos siga a visitar e
contarnos as novidades da contorna.
Gracias polo teu traballo!!
Comentarios
Publicar un comentario