Proposta de Resolución Definitiva da Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada o día 8 de abril de 2024, seleccionou definitivamente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024”
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal como se reflicte no artigo 20.1 da Orde do 28 de decembro de 2023, da Consellería do Mar.
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS
Comentarios
Publicar un comentario