Varios proxectos do GALP provocan un especial interese na Consellería do Mar

 


e a Consellería do Mar visitan varios proxectos financiados dende o GALP Golfo Ártabro Sur no programa FEMP 2014-2020.

 Ao longo do mes de marzo o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares e a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodriguez, visitaron varios proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur no programa FEMP 2024-2020. Na visita dos proxectos foron acompañados polo presidente do GALP Alberto Castro García e polo xerente do grupo Federico López Viñas.

O primeiro proxecto visitado foi “Empanadas do Mar” que comeza gracias a Mónica e Rocío Otín, xunto co seu pai Antonio Otín, que coa reforma e posta en valor do taller de pan de Guísamo, conseguen dar unha segunda vida ao forno da localidade, que leva activo dende 1900. Unha aposta polos novos productos realizados en base aos peixes e mariscos que se obteñen na zona para elaborar empanadas de mexillóns, polbo, bonito e bacalao con pasas.

Proba da calidade dos produtos elaborados neste forno, é que estará dentro do stand da Consellería do Mar na Feira Alimentaria de 2024, que se celebrou en Barcelona o mes pasado.


O segundo proxecto visitado foi “Enmalle Studio”, promovido por Mar Fraga, que ubicado no Concello de Oleiros versa sobre a posta en marcha dun espazo de creación artística onde a cultura e a sostibilidde van da man. Nace para a elaboración de tapices de gran tamaño utilizando como material as redes en desuso recicladas, outorgándolles unha segunda vida. Actualmente, tamén se están a realizar neste espazo outras actividades como cursos e obradoiros de arte, medio ambiente, reciclaxe ou artesanía, así como talleres de cociña para poñer en valor os produtos do mar. Tamén funciona como residencia artística, facilitando un espazo para desenvolver a creatividade e compartir experiencias.

Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, seguimos a traballar para conseguir novos proxectos que dinamicen o territorio e fixen a poboación nos concellos da costa e próximos ao litoral, ademais de poñer en valor os recursos do mar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024