“Os mariñeiros fixemos un esforzo moi grande, fomos ao mar con unhas condicións que non eran as máis axeitadas para que á xente non lle faltara o peixe fresco”
Estas son algunhas das palabras de Francisco Manuel Sánchez Neira, quen dirixe a “Cofradía de Pescadores de Mera” en Oleiros (A Coruña). Sen gran parte dos seus compradores polo peche dos restaurantes, con unha redución no prezo dalgúns tipos peixes case á metade, sumado á dificultade para cumprir as medidas de seguridade e hixiene dentro dos barcos e a escaseza de axudas económicas, con todo isto, esta cofradía aínda ten tres barcos navegando para traer o peixe fresco ás casas. O patrón maior desta entidade cóntanos, nesta entrevista concedida ao GALP Golfo Ártabro Sur, como están a vivir a crise do COVID-19, como valoran a actuación das administracións co seu sector e o gran esforzo que están a facer os mariñeiros, e aproveita para facer un chamamento á xente de a pé a que consuma peixe fresco, para que eles poida seguir a frote. 1. Cal é a situación actual do sector? E a vosa en concreto? Que vos din de outras cofradías? ...