O sector da pesca é un dos sectores máis importantes para a economía galega
O presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto L. Castro García, quixo
participar nesta campaña de sensibilización e recoñecemento da xente do mar,
aportando a súa visión da situación actual do sector. E resaltando que a pesca é
un dos sectores mais importantes para a economía galega, creando 4 empregos
indirectos en terra por cada emprego no mar.
Igual que
sucede noutras actividades, a crise provocada polo Covid-19 é complicada para o
sector. Como afronta esta situación? Que pode facer a cidadanía para axudar ao
sector do mar?
De diferentes maneiras, segundo as
artes empregadas na pesca. Os barcos prácticamente non pararon, por exemplo, en
artes menores non parou casi ninguén; mentres que no cerco ao principio do
estado de alerta parou aproximadamente o 60% da flota, acollendose aos ERTES,
pero foronlles denegados nun primeiro momento. Isto fixo que a flota tivera que
continuar coa súa actividade e agora mesmo están na campaña da anchoa. Nestes
momentos as institución están aprobando os ERTES por causa de forza maior,
porque non son suficientes os EPIs para toda a flota para loitar contra o
COVID19.
O arrastre non parou, o palangre
tampoco.
O que pode facer a cidadanía e
consumir peixe fresco, pero non podemos esquecer do peixe conxelado ou en
conserva, que axuda ao sector e ao mesmo tempo axuda a manter tamén a industria
de transformación que alberga moitos postos de traballo en terra. Realmente o
importante e un consumo de peixe en xeral.
Cal considera
que é a importancia do sector do mar e, mais concretamente, da súa actividade,
para a sociedade e a economía de Galicia?
A pesca é un dos sectores mais
importantes xunto co agro para a economía galega. É relevante, sobre todo, nas
poboacións costeiras como é obvio, facendo que nestas zonas se consiga unha
gran dinamización. Solamente falando do arte do cerco hai mais de 1000 persoas
empleadas en toda Galicia, e por cada persoa que traballa no mar, está a crear
4 empregos indirectos en terra. A pesca é aproximadamente un 2% do PIB galego.
Sen o sector pesqueiro non se entenderían moitas poboacións costeiras galegas,
no noso territorio os núcleos nos que o sector Pesqueiro é mais importante son:
A Coruña, Sada, Lorbé e Mera.
Especialmente o Golfo Ártabro,
polas peculiaridades das rías, é un punto moi importante de pesca, xa que ten
unha grande acumulación de placton que fai que sempre haxa grandes cantidades
de comida para os peixes e por conseguinte é moi raro que escasee a pesca.
Temos unha gran variedade de producto, entre os que destacan o xurelo, xibas,
lenguados, centola, etc. Ademais, temos a grandeza de que no noso territorio
temos gran variedade de artes de pesca: artes menores, cerco, arrastre,
palangre, marisqueo… incluso temos acuicultura de varias especies.
Canto emprego
e volume de facturación xera o sector do mar na zona?
O emprego directo creado polo
sector pesqueiro no noso territorio supera as 1000 persoas e chéganse a
facturar entre 40 ou 50 millóns de euros anuais, solamente falando da pesca,
sen ter en conta os sectores de transformación.
Que
características propias da súa actividade fan que sexa esencial para a sociedade?
A pesca é esencial para a
sociedade en xeral, e mais concretamente para o noso territorio, porque a parte
de que o consumo de peixe é moi importante para a saúde, tamén é un motor da
economía do Golfo Ártabro, non podemos olvidar que a Lonxa da Coruña é unha das
mais importantes de Galicia, pero non só hai que ter en conta a pesca
extractiva, senón a cantidade de empresas que están a traballar vencelladas ao
sector: transformadoras, ultraconxeladoras, conserveiras… das cales aquí temos
moitos exemplos de empresas moi potentes a nivel galego e incluso nacional.
Por que cre
que é vital consumir produtos do mar?
Eu pensó que sendo galegos esta
pregunta respóndese por si soa, o seu sabor é inmellorable, as súas propiedades
aportan moitos beneficios para a saúde, é un motor da economía axudando a que
non só no sector pesqueiro sigamos a diante, senón que tamén os postos
indirectos creados pola pesca, e ademáis, é parte da idiosincrasia do pobo
galego.
Comentarios
Publicar un comentario