Entradas

No GALP Golfo Ártabro Sur estamos a traballar en adaptar todas as actividades previstas á nova realidade

Imagen
Como nas anualidades anteriores, no GALP Golfo Ártabro Sur tiñamos planeado para o 2020 varias actividades de difusión, para dar a coñecer a nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) en todo o territorio. Neste momento consideramos que, para protexer a saúde dos traballadores e traballadoras vinculadas directa ou indirectamente ao   GALP Golfo Ártabro Sur, así como a de todas as persoas que quixeran participar nas actividades desenroladas polo mesmo, non é momento para realizar actividades presenciais nas que participasen grandes aglomeracións de persoas, xa que buscamos contribuír a que a situación do COVID19 se poida erradicar o antes posible. Por todo isto, estamos a traballar na adecuación de todas as actividades de difusión da estratexia á nova realidade , para que poidan realizarse dun xeito 100% seguro para todos e todas e ao mesmo tempo non se estea a perder nin un ápice dos obxectivos para os que foron concibidas. Así pois, e stamos moi conten...

"A xente seguiu comprando, porque a quen lle gusta o pescado do mercado non o quere doutro lado, solo que o facían por teléfono"

Imagen
  Hoxe a “Queda na casa, queda co noso mar” traémosvos unha entrevista con Sonia Amor, unha muller traballadora e con moitas ideas. Sonia coméntanos como viviron dende o seu posto de peixe, no Mercado de Elviña, a situación provocada polo COVID-19 e como está a avanzar a mesma. Tamén nos conta algunhas ideas que puxeron en marcha para facilitarlles a compra aos seus clientes durante este período e algúns detalles sobre o proxecto que teñen en marcha, candidato a premio en boas prácticas emprendedoras e en igualdade de xénero no sector pesqueiro . Moi atentos/as! 1.        Como ves a situación actual do sector pesqueiro? E como cres que afectou o COVID-19? O do sector pesqueiro é algo   que está complicado, pero xa dende o principio. Primeiro porque non houbo subasta, vendíannos por teléfono; por outro lado, polas colas que houbo que gardar, e hai que seguir gardando, para poder entrar; e tamén porque hai pouco pescado. Esperemos q...

Novos cursos para persoas vinculadas co mundo do mar

Imagen
Áreas Cursos ofertados Horas MADEIRA Elaboración e instalación de cubertas de madeira en embarcacións menores 300 COMPOSITES Laminado manual en poliéster para pezas de uso en acuicultura e construción naval 300 INSTALACIÓNS Electricidade e hidráulica básicas aplicadas ao buque 275 INSTALACIÓNS Mecánica básica de motores de embarcacións menores   150 VELERÍA Velería e acastillaxe 350 PNEUMÁTICAS Reparación de embarcacións pneumáticas 300 REDES Confección e mantemento de artes e aparellos 330 REDES Curso de formación de formadores para o certificado profesional de confección e mantemento de artes e aparellos 70 Dende o Centro de Formación A Aixola , achégannos información sobre os novos cursos que est...

“Nós somos traballadores do réxime especial do mar, traballamos nese sector, entón, non entendo por que veñen axudas da Unión Europea para traballadores do mar e se nos exclúe”

Imagen
Unha visión moi diferente para “Queda na casa, queda co noso mar” é a de Andrés Pena, presidente da Agrupación de Mariscadores da Ría do Burgo, un colectivo que leva sen traballar dende que comezou o estado de alarma e que, para máis, se atopan excluídos das axudas da Unión Europea para traballadores e traballadoras do mar. A isto súmanse outros problemas que o sector xa viña arrastrando, pois levan moitos anos loitando polo dragado da Ría do Burgo, parado ante a situación de crise provocada polo COVID-19: “ o dragado fainos moita falla, estamos traballando ao 18% da capacidade, a Ría do Burgo necesita unha rexeneración xa” comenta Andrés, quen tamén nos comenta que, de seguir nesta situación, os mariscadores da Ría do Burgo rematarán desaparecendo. 1.        Como vedes a situación actual do sector pesqueiro? E a vosa situación en concreto? Eu podo falar da nosa situación. Agora mesmo estamos sen traballar por culpa da situación creada polo ...