Novos cursos para persoas vinculadas co mundo do mar





Áreas
Cursos ofertados
Horas
MADEIRA
300
COMPOSITES
300
INSTALACIÓNS
275
INSTALACIÓNS
150
VELERÍA
350
PNEUMÁTICAS
300
REDES
330
REDES
70
Dende o

Centro de Formación A Aixola, achégannos información sobre os novos cursos que estarán en activo tan pronto como lles sexa posible:


 Requisitos para preinscribirse nos cursos:

Estes cursos están dirixidos a persoas vinculadas ao sector pesqueiro, ben sexa pola súa formación ou pola súa profesión. Dita vinculación deberá demostrarse documentalmente do seguinte xeito:

1.       Vinculación laboral (a través dunha destas tres):

·         Contrato en vigor nunha empresa do sector
·         Ter estado contratado nunha empresa do sector nos 36 meses anteriores
·         Ter estado contratado nunha empresa do sector un mínimo de 6 meses na vida laboral
Considerando por empresa do sector pesqueiro aquela que teña o seu ámbito de actividade CNAE nun dos seguintes ámbitos:
  • Pesca mariña 03.11
  • Procesamento de pescados, crustáceos e moluscos 10.21
  • Fabricación de conservas de pescado 10.22
  • Comercio ao por maior de pescado, marisco e outros produtos alimenticios 46.38
  • Comercio polo miúdo de pescado e marisco en establecementos especializados 47.23
2.       Vinculación formativa:

·         Estar en posesión de algún título formativo da familia marítimo pesqueira

*Podedes atopar toda a información aquí: http://aixola.cetmar.org/requisitos-para-o-alumnado/

Preinscrición:

Podedes realizar a preinscrición completando o formulario que hai dentro de cada curso na web do centro: http://aixola.cetmar.org/volvemos/
Para realizar a selección, os candidatos terán que realizar unha proba presencial de coñecementos básicos e unha entrevista persoal (que poderá ser telefónica).
 


Para máis información podes visitar a páxina web do Centro de Formación A Aixola:
·         http://aixola.cetmar.org/

Ou contactar directamente con eles a través da súa dirección de correo electrónico:
·         aixola@cetmar.org 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024