No GALP Golfo Ártabro Sur estamos a traballar en adaptar todas as actividades previstas á nova realidade
Como nas anualidades
anteriores, no GALP Golfo Ártabro Sur tiñamos planeado para o 2020 varias
actividades de difusión, para dar a coñecer a nosa Estratexia de
Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) en todo o territorio.
Neste momento consideramos que, para
protexer a saúde dos traballadores e traballadoras vinculadas directa ou
indirectamente ao GALP Golfo Ártabro Sur,
así como a de todas as persoas que quixeran participar nas actividades
desenroladas polo mesmo, non é momento para realizar actividades
presenciais nas que participasen grandes aglomeracións de persoas, xa que
buscamos contribuír a que a situación do COVID19 se poida erradicar o antes
posible.
Por todo isto, estamos a
traballar na adecuación de todas as actividades de difusión da estratexia á
nova realidade, para que poidan realizarse dun xeito 100% seguro para todos
e todas e ao mesmo tempo non se estea a perder nin un ápice dos obxectivos
para os que foron concibidas.
Así pois, estamos moi
contentos/as de poder anunciarvos que, varias das actividades que tiveron
boa acollida nas edicións pasadas, volveremos a realizalas este ano, aínda que
dun xeito diferente. Iremos informando puntualmente de como se realizarán
as actividades no noso blog e nas redes sociais, para que todos os interesados
poidades desfrutar de cada unha delas.
Dende o GALP
Golfo Ártabro Sur queremos recordarvos que seguiremos buscando vías para
achegar o mundo do mar, o sector pesqueiro e a cultura mariñeira das nosas
vilas a todos e todas aquelas que o desexen.
Comentarios
Publicar un comentario