SOLICITUDE DE PROXECTOS
SOLICITUDE DE PROXECTOS
ABERTO PRAZO SOLICITUDES AXUDA ATA O 1 DE MARZO DE 2021
As solicitudes presentaranse por VIA ELECTRÓNICA a través do formulario dispoñible na sede
electrónica da Xunta De Galicia: PE155A - Axudas autonómicas para proxectos ao
abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.
PROXECTOS LOCALIZADOS NO AMBITO TERRITORIAL
A Coruña, Arteixo, Bergondo,
Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.
A Coruña, Arteixo, Bergondo,
Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.
*excepcións:
no Concello de A Coruña, por ser un municipio densamente poboado non
computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e as
súas familias), polo que só poderán ser beneficiarios de axudas:
- As persoas xurídicas e as
persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e as súas familias
TIPOLOXÍA DE PROXECTO
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO
PRODUTIVO: Actividades que supoñen a realización dunha actividade económica,
tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento
de emprego.
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO NON PRODUTIVO: Os que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.
- PROXECTOS PARA INVESTIMENTO NON PRODUTIVO: Os que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.
REQUISITOS
▪ Contribuír aos obxectivos da
Estratexia de desenvolvemento local participativo do Galp Golfo Ártabro Sur.
▪ Estar localizados no ámbito
territorial elixible do Galp Golfo Ártabro Sur.
▪ Ser Viables técnica e
economicamente.
▪ Axustarse á normativa
sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada
tipo de proxecto.
BENEFICIARIOS
PROXECTOS PRODUCTIVOS
Proxectos produtivos: Persoas físicas ou xurídicas que cumpran requisitos sinalados na Orde de axudas (DOG no 22 de 31 de xaneiro de 2019).
PROXECTOS NON PRODUCTIVOS
PROXECTOS PRODUCTIVOS
Proxectos produtivos: Persoas físicas ou xurídicas que cumpran requisitos sinalados na Orde de axudas (DOG no 22 de 31 de xaneiro de 2019).
PROXECTOS NON PRODUCTIVOS
a) Confrarías de Pescadores e
as súas federacións
b) Asociacións profesionais do
sector pesqueiro e as súas federacións
c) Entidades sen ánimo de
lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro
d) Entidades públicas locais
e) Asociacións declaradas de
utilidade pública
f) Entidades sen ánimo de
lucro que teñan entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:
▪ Fomentar as actividades náuticas.
▪ Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.
▪ Fomentar o ambiente mariño e costeiro.
▪ Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.
Unicamente serán admisibles
para tramitar a axuda aqueles proxectos directamente
relacionados coas actividades principais que figuren no obxecto social das
asociacións e entidades mencionadas no punto anterior.
ACLARACIÓNS MOI IMPORTANTES
▪ Os investimentos para os que
se solicita a axuda non se poderán iniciar antes da
data de presentación da solicitude da axuda (data de rexistro de entrada no
GALP) nin antes da realización da acta de comprobación previa, no caso
de investimentos materiais.
▪ A DOCUMENTACIÓN COTÉXASE NA
SEDE DO GALP GOLFO ÁRTABRO SUR
▪ Para os proxectos plurianuais
nos que a anualidade a xustificar sexa superior a
18.000 € e imprescindible que se presente un aval
bancario do 110% do importe total do proxecto. Ademais, este aval ten que estar depositado na
Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia ata a xustificación total e pago
final pola Consellería do Mar da axuda. Unha vez verificada a execución do
proxecto, devolverase ao promotor para a súa cancelación.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
PROXECTOS PRODUCTIVOS
Os proxectos preséntanse mediante sede electrónica: FORMULARIO DE SOLICITUDE PE155A
PROXECTOS PRODUCTIVOS
Os proxectos preséntanse mediante sede electrónica: FORMULARIO DE SOLICITUDE PE155A
▪ Modelo Normalizado de
solicitude de axuda: ANEXO I. Con carácter xeral, xunto coa solicitude deberá
achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se
indica a continuación:
a) Acreditación da
personalidade:
1. Persoa física
▪ Copia cotexada do DNI da
persoa solicitante.
▪ Certificado de empadroamento
da persoa solicitante.
▪ Certificado de conta
bancaria
2. Persoa xurídica
▪ Copia cotexada NIF entidade
solicitante
▪ Copia cotexada DNI da persoa
representante e dos socios que forman a sociedade
▪ Certificación do órgano
competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización
para facer a solicitude ao asinante dela.
▪ Certificación do órgano
competente na cal se acredite o desempeño actual do representante.
▪ Copia cotexada da escritura
de constitución da entidade debidamente inscritos no rexistro, segundo o caso
correspondente, así como das últimas escrituras si fóra o caso.
▪ Certificado de conta
bancaria da entidade
b) Proxecto para o cal se
solicita a subvención
▪ Memoria e orzamento que
conteña unha descrición do proxecto conforme o modelo para proxectos produtivos
que figura na páxina web da Consellería do Mar. VER MODELOS
▪ No orzamento detallado de
cada un das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da
documentación xustificativa os custos incluídos (orzamentos, contratos,
facturas pro-forma....)
▪ Tres ofertas de distintos
provedores, para a contratación do compromiso para a obra, a prestación do
servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non
exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou
subministren. As ofertas presentadas deberán coincidir en conceptos para
facilitar a comparación entre elas.
▪ Declaración asinada de non
vinculación cos provedores que presentan as ofertas, de acordo co artigo 27.7.
da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia. LEI 9/2007 SUBVENCIÓNS DE GALICIA
c) Proxecto técnico de
execución valorado, se é necesario. Nos supostos de operacións que inclúan un
acto de edificación ou calquera outra actuación das sometidas a licenza
urbanística municipal, deberá presentarse proxecto técnico completo e valorado
redactado por técnico competente. É imprescindible que os orzamentos e
posteriormente as facturas coincidan exactamente cos conceptos do
proxecto técnico.
d) Cando o beneficiario sexa
unha sociedade de capital, o proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se
recolla nos seus Estatutos. A actividade en que consista o proxecto presentado
para a solicitude de axuda deberá estar incluída no obxecto social da persoa
xurídica solicitante con anterioridade á data da solicitude.
e) Acreditación da capacidade
legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A
acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compra-venda ou
certificado do rexistro da propiedade (referencia catastral), ou mediante
cesión en escritura pública ou contrato de aluguer por un período mínimo de 10
anos dende a data da solicitude de axuda.
f) Para acreditar a condición
de familiar (segundo artigo 6.D. da Orde de Axudas) deberase presentar a
seguinte documentación.
▪ Libros de familia nos que
figuren todos os membros da unidade familiar e/ou documentación acreditativa do
parentesco.
▪ Documentación que acredite a
condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a do sector
pesqueiro, dun membro da unidade familiar.
▪ Informe de vida laboral da
persoa a que se refire o punto anterior.
g) Outra documentación que
sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado
(se procede).
▪ Declaración doutras axudas
solicitadas e/ou concedidas: ANEXO IV
▪ Informes técnicos
favorables, licenzas e/ou autorizacións para a realización do proxecto.
▪ Declaración asinada de
compromiso de utilizar provedores do territorio tanto para realizar o investimento
como para a posterior comercialización dos produtos ou servizos.
▪ Relación asinada das novas
tecnoloxías que usa a entidade e si as vai a utilizar para o desenvolvemento do
proxecto: Páxina web; Redes sociais... Tamén deberase indicar como se vai a
facer a difusión do proxecto.
▪ Declaración asinada de
compromiso e/ou mantemento de emprego. Indicar o número de postos de traballo e
si van a ser colectivos desfavorecidos (mulleres, mozos, discapacitados, inmigrantes....).
▪ No caso de entidades
creadas, a efectos de comprobación de creación/mantemento de emprego, tamén
deberán presentar: Plantilla media de traballadores dun ano para atrás, a contar
dende a data de presentación de solicitude no GALP e Informe de Vida Laboral actualizado
da entidade.
▪ Para acreditar a Garantía e
Solvencia empresarial do promotor, poderán presentar algún dos seguintes
documentos: conta de resultados e balance, informes bancarios, resolución concesión
préstamo para o proxecto, avais ou garantías, declaración do IRPF dos tres
últimos anos, declaración do patrimonio, últimas contas anuais aprobadas e
rexistradas.....
▪ Cartas de apoio doutras entidades
ao proxecto se procede; así como Informe técnico do Concello correspondente si
fixera falta, de que a actividade económica do proxecto non existe no
territorio do GALP Golfo Ártabro Sur ou é insuficiente.
▪ Declaración asinada si
procede, de que o proxecto vai a estar vinculado a novos produtos, novas
aplicacións dos produtos ou vai a utilizar novas formas de explotación ou comercialización
(explicar).
h) Por ser un INVESTIMENTO
PRODUTIVO tamén terá que presentar cubertos os seguintes modelos:
-Documentación acreditativa da
condición de PEME (DOG nº22 do 31 de xaneiro de 2019, artigo 20 punto i). ANEXO IIA
-Declaración censal de alta no
censo de empresarios, profesionais e retedores (modelos 036/037), ou
certificación da exención, de ser o caso, do imposto sobre actividades
económicas (IAE).
i) Certificacións
acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co
Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
PROXECTOS NON PRODUCTIVOS
REQUIRIMENTOS
▪ Modelo Normalizado de
solicitude de axuda: ANEXO I. Con carácter xeral, xunto coa solicitude deberá
achegarse a seguinte documentación, acompañada dun índice e ordenada segundo se
indica a continuación:
a) Acreditación da
personalidade:
▪ Copia cotexada NIF entidade
solicitante
▪ Copia cotexada DNI da persoa
representante
▪ Certificación do órgano
competente (cabildo, xunta directiva, xunta goberno, acordo plenario....) na cal
se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para facer a
solicitude ao asinante dela.
▪ Certificación do órgano
competente (cabildo, xunta directiva....) na cal se acredite o desempeño actual
do cargo.
▪ Copia compulsada da acta
fundacional e dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente.
(Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores e
as súas federacións)
▪ Certificado da conta
bancaria da entidade
b) Proxecto para o cal se
solicita a subvención
▪ Memoria e orzamento que
conteña unha descrición do proxecto conforme o modelo para proxectos non
produtivos que figura na páxina web da Consellería do Mar VER MODELOS
▪ No orzamento detallado de
cada un das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da
documentación xustificativa os custos incluídos (orzamentos, contratos,
facturas pro-forma....)
▪ Tres ofertas de distintos
provedores, para a contratación do compromiso para a obra, a prestación do
servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non
exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou
subministren. As ofertas presentadas deberán coincidir en conceptos para
facilitar a comparación entre elas.
*As entidades públicas
locais poderán documentar a elección de oferta máis vantaxosa xunto coa solicitude
de pagamento, achegando unha certificación das propostas ou ofertas recibidas
para a contratación de que se trate, xunto coa resolución ou acordo de
adxudicación definitiva.
▪ Declaración asinada de non
vinculación cos provedores que presentan as ofertas, de acordo co artigo 27.7.
da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia. LEI 9/2007 SUBVENCIÓNS DE GALICIA
c) Acreditación do IVE
soportado non recuperable polo promotor, se é o caso:
- Naqueles casos en que exista
un recoñecemento administrativo previo do dereito ás exencións previstas no
artigo 20, un, 6o e 12o da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o
valor engadido, remitirase esa resolución administrativa ou calquera outra
certificación da AEAT en que figure esa exención.
- No caso de entidades
públicas de carácter local, deberá achegarse un certificado do secretario do
concello ou do órgano competente na entidade local de que se trate conforme que
o IVE soportado non é recuperable e a entidade non ten a condición de SUXEITO
PASIVO, de acordó coa definición do artigo 13, número 1, parágrafo primeiro da
Directiva 2006/112/CE do Consello do 28 de novembro, relativa ao sistema común
do imposto sobre o valor engadido.
d) Proxecto técnico de execución
valorado, se é necesario. Nos supostos de operacións que inclúan un acto de
edificación ou calquera outra actuación das sometidas a licenza urbanística
municipal, deberá presentarse proxecto técnico completo e valorado redactado
por técnico competente.
e) Acreditación da capacidade
legal do uso e desfrute ou propiedade dos bens relacionados co proxecto. A
acreditación deberá realizarse mediante escritura pública de compra-venda ou
certificado do rexistro da propiedade, ou mediante cesión en escritura pública
ou contrato de aluguer por un período mínimo de 10 anos dende a data da
solicitude de axuda.
f) Para acreditar a condición
de familiar (segundo artigo 6.C. da Orde de Axudas) deberase presentar a
seguinte documentación. o Libros de familia nos que figuren todos os membros da
unidade familiar e/ou documentación acreditativa do parentesco. o Documentación
que acredite a condición de pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou traballador/a
do sector pesqueiro, dun membro da unidade familiar. o Informe de vida laboral
da persoa a que se refire o punto anterior.
g) Outra documentación que
sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
▪ Declaración doutras axudas
solicitadas e/ou concedidas: ANEXO IV
▪ A efectos de demostrar a
viabilidade técnica do proxecto, poderá presentarse: informes técnicos favorables
asinados; licenzas e/ou autorizacións para a realización do proxecto;
compromiso asinado por técnico competente de manter a actuación por 5 anos,
outros que se consideren oportunos.
▪ Os concellos deberán
presentar tamén a seguinte documentación: o Declaración asinada de que o
proxecto está encadrado dentro das funcións públicas do Concello. o Compromiso
asinado de dispor de partida orzamentaria reservada para afrontar o proxecto.
▪ A efectos de valorar o
carácter innovador do proxecto, poderase presentar un Informe técnico do Concello
correspondente de que a actividade do proxecto é inexistente ou insuficiente,
ou calquera outro documento similar acreditativo.
▪ Declaración asinada de
compromiso de utilizar provedores do territorio tanto para realizar o investimento
como para a posterior posta en marcha das actividades.
▪ Cartas de apoio asinadas
doutras entidades que participen de forma indirecta no proxecto, fomentado a
colaboración en rede.
▪ A efectos de poder valorar a
igualdade de oportunidades no proxecto, se procede, deberán xustificala, pode
ser presentado unha relación de socios/as da entidade ou a través dunha declaración
asinada onde se indique o numero de socios totais, no de mulleres, no de
xóvenes, no de persoas discapacitadas.......
▪ Relación asinada das novas
tecnoloxías que usa a entidade e si as vai a utilizar para o desenvolvemento do
proxecto: Páxina web, redes sociais.... Tamén deberase indicar como se vai a facer
a difusión do proxecto.
▪ Declaración asinada de que o
proxecto cumpre os criterios de interese colectivo, beneficiario colectivo e
ofrece acceso público aos seus resultados (deberá de explicar porque cumpre
estes requisitos).
▪ No caso de solicitar
equipamento/material deberá presentarse unha relación do equipamento/material
que ten a entidade antes de presentar a solicitude.
h) Certificacións
acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co
Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
REQUIRIMENTOS
Dende o GALP pode realizarse o
requirimento de documentación se esta non está correcta, non é suficiente ou
non foi entregada no seu momento. NUNCA se poderán realizar cambios en:
▪ Solicitude P155A
▪ Memoria do proxecto
▪ Plan económico
▪ Solicitude P155A
▪ Memoria do proxecto
▪ Plan económico
Para estes tres documentos
solo se poderán solicitar aclaracións para a súa comprensión.
Os requirimentos para
modificación ou entrega de algunha documentación realizarase por sede
electrónica. Estes serán respondidos nos 10 días laborables
posteriores á recepción do requirimento. A documentación axuntarase
como: emenda ao requirimento. Se non se recibe resposta neses 10 días, automaticamente o
proxecto non será financiable.
Se o promotor quere axuntar de
motu propio algún tipo de documentación adicional (diferente á requirida) a
documentación achegarase como: Achega de
documentación complementaria.
NORMATIVA E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA CONSULTA
▪ Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias De Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)
O obxecto desta orde é
establecer as bases reguladoras, en base de concorrencia competitiva, para a concesión
de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local
participativo (EDLP) aprobados pola Consellería do Mar aso grupos de acción
local do sector pesqueiro (GALP). ANO 2019
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)
▪ Páxina web dos Grupos De Acción Local Do Sector Pesqueiro (GALP)
Páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)
▪ Páxina web dos Grupos De Acción Local Do Sector Pesqueiro (GALP)
Páxina web dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)
Nesta páxina pódese ver:
-
Todos os datos e situación dos 8 GALP existentes en Galicia
-
Todos os requisitos e trámites para
solicitudes (como presentar un proxecto)
-
Relación de proxectos subvencionados nas convocatorias anteriores.
▪ Estratexia de desenvolvemento local participativo (GALP GOLFO ÁRTABRO SUR)
FORMA NA QUE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN
Documentación relativa ao promotor
|
|
S01_
|
Solicitude de axuda VER MODELO
|
S02_
|
NIF da persoa xurídica solicitante
|
S03_
|
DNI da persoa representante
|
S04_
|
Certificación autorización para facer a
solicitude VER MODELO
|
S05_
|
Certificación desempeño actual do cargo VER MODELO
|
S06_
|
Escritura de constitución / Estatutos
|
S09_
|
Acreditación do IVE soportado non
recuperable
|
S12_
|
Acreditación a condición familiar,
segundo o artigo 6c
|
S13_
|
|
S14_
|
Imposto actividades económicas IAE
|
S15_
|
Certificacións acreditativas de estar ao
corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co estado, coa comunidade
autónoma e coa seguridade social
|
S16_
|
Acordo de nomeamento do representante ou
apoderado único VER MODELO
|
S19_
|
Certificado de empadroamento
|
S20_
|
Informe de seguridade social de
traballadores de alta na data de solicitude
|
S21_
|
Balances e contas de explotación
|
O10_
|
Certificación conta bancaria
|
O11_
|
Declaración responsable de non
vinculación e cumprimento artigo 27,7 Lei 9/2007 VER MODELO
|
O98_
|
Outra documentación relativa ao promotor AUTORIZACION CONSULTA DATOS
|
Documentación do proxecto
|
|
S07_
|
Memoria, orzamento e plan económico
|
S08_
|
Orzamentos VER MODELO
|
S10_
|
Proxecto técnico
|
S11_
|
Acreditación dispoñibilidade inmobles
|
S17_
|
Distribución dos compromisos
|
S18_
|
|
O02_
|
Licenzas e autorizacións do concello
|
O03_
|
Outras licenzas e autorizacións
|
O04_
|
|
O05_
|
Compromiso de utilización de recursos
locais VER MODELO
|
O06_
|
Outra documentación para a avaliación do GALP VER MODELO
|
O07_
|
Acreditación de viabilidade financeira
|
O08_
|
Informe de sustentabilidade
|
O99_
|
Outra documentación relativa ao proxecto
|
Exemplo: S15_certificacions acreditativas
Comentarios
Publicar un comentario